Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O castelo de Vilalba

lunes, 04 de marzo de 2019
Cando en 1967 se inaugurou o Parador, todos intuimos que comenzaba un tempo novo para Vilalba, porque o vello castelo volto á vida pasaba a formar parte do conxunto de establecementos hoteleiros máis importantes de España, chamados a fomentar o turismo de calidade en base a ofrecer un servizo para clientes de alta capacidade adquisitiva.

O que nunca puidemos pensar é que no histórico castelo, único en Galicia de base octogonal, puidesen chegar a organizarse visitas guiadas para que pequenos e maiores poidan achegarse á historia e realidade da magnífica torre que da carácter a Vilalba, e que para os vilalbeses é como un documento de identidade.

Quere con isto decir que non só se conseguiu rescatar e conservar a fortaleza, senón utilizala para atraer o turismo, darlle vida para facela rendible, e mesmo que sirva para coñecer a nosa historia, e darlle valor ao pasado vilalbés.

Lembro que levei un disgusto sendo un neno cando me enterei de que o castelo estaba en mans privadas, non era de todos. Non podía creer o que se contaba, e resultou que si, que ao final do seculo XIX, en 1897, Valeriano Valdesuso, construtor vilalbés, que ten rúa á beira do Castelo, mercouno a Carlos Maria Stuart Portocarrero, XVIII conde de Vilalba, co fin de utilizar as pedras para construir casas.

Menos mal que os vilalbeses non llo permitiron, non sei se a cambio de poñerlle a unha rúa o seu nome, e o castelo ata mediado o século XX seguiu acobillando centos de choias que entre as pedras do castelo atoparon a mellor casa.

E ahí está o que antes chamabamos “o castelo” e agora demos en chamar ”O Parador” sen lembrar que Vilalba tivo Castelo do que esta torre só era a de Homenaxe, con portas cara a Porta de Cima, polo Puxigo, e na Ferrería; castelo que construiu hai oitocentos anos un tal Roi Sánchez, e foi dos Andrade, dos Lemos, dos Berwick e da Casa de Alba…que os Irmandiños derribaron pero logo tiveron que reconstruir… que hoxe é nosa, de Vilalba. E se algún vilalbés hai que non subirá á parte superior da torre, eu recoméndollo encarecidamente, porque desde alí vese unha Vilalba diferente, imposible de concebir desde abaixo. Aínda que sexa o Parador, segue a ser o Castelo de Vilalba.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES