Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O compromiso de ter un can

miércoles, 06 de marzo de 2019
Recoñezo abertamente e sen pudor que non me gustan os animais en exceso. Aínda así, creo que debemos convivir valorándoos tal e como son. O problema vén cando non nos facemos cargo da responsabilidade de ter un can, que vai máis alá de aloumiñalo e gozar da súa compañía.

Obviamente, os animais poden compartir o espazo público. O que non poden os seus donos é deixar que o lixen sen limpalo con posterioridade. Indo pola Coruña, temos que ir sorteando polas beirarrúas excrementos de can e isto dificulta a mobilidade, sobre todo cando se vai nunha cadeira de rodas e moitas veces te ves entre dous excrementos practicamente imposibles de sortear.

Polo tanto, cos animais, a pesares do comentado anteriormente, non teño ningún problema. O meu problema é coa falta total de civismo dos donos, aos que lles pediría hixiene xa que estou seguro que na casa non lla deixan tirada onde lle cadre. Se os donos carecen de civismo, alguén debería inculcarllo impoñéndolle a multa pertinente polo que, quizais, faga falla máis vixilancia neste aspecto.

O que está claro é que os que non temos can tampouco temos porqué pagar as consecuencias derivadas da irresponsabilidade das persoas que, teoricamente, os aman.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES