Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lela

viernes, 01 de marzo de 2019
Hai uns anos, un destacado vilalbés residente en Lugo, preguntoume quen era o músico vilalbés Rosendo Mato, e eu tiven que contestar que non sabía quen era, pero con ese apelido tiña que ser necesariamente da coñecida familia dos Mato, onde había varios destacados escritores e moitos músicos que no seu momento foron banda, logo a Orquesta Mato, e que todos en Vilalba coñecíamos por “Os Matos”.

Facendo averiguacións souben logo que Rosendo Mato nacera en Vilalba en 1914, pero pasara toda a vida –especialmente a vida musical- en Santiago, onde ademáis de saxo tenor, fora Director de Cantigas e Agarimos, da Banda de Arca, e compositor da canción “Lela”, con letra de Castelao, recollida no primeiro acto de “Os vellos non deben de namorarse” que Castelao estreou en Bos Aires en 1941 e tardaría vinte anos en coñecerse en Galicia estreándose o 25 de xullo de 1961 na praza da Quintana.

A obra de Castelao, maxistral lección sobre os desaxustes nas relacións con grande diferencia de idade, recolle a canción que o vello Saturio acompañado do coro dos boticarios lle canta a Lela suspirando: “Lela, Lela, Leliña por quen eu morro,/ quero mirarme nas meniñas dos teus ollos./Non me deixes/e ten compaixón de min./ Sen ti non poido,/sen ti non poido vivir”.

Polo que sabemos, o vilalbés Mato, compuxo a música para a peza e rexistrouna na Sociedade de Autores, e así pasaron os anos, medrando a canción en coñecemento e aprecio, sendo cantada por Dulce Pontes, por Rosa Cedrón, por cantantes consagradas ou por interpretes noveles… conseguindo sempre emocionarnos porque letra e música enlazan directamente, conquistándonos, coa nosa memoria racial, co chip invisible que os galegos temos implantado desde o comezo dos tempos.

Outro músico disputou, anos despois, a autoría da peza, sen que os xulgados deran resolto un conflito no que os vilalbeses somos parciais por coñecer a historia dos Matos, do que representaron na nosa historia cultural. E porque despois de mortos tanto o noso veciño como o que se arrogou despois a autoría da peza, a discusión non ten máis sentido que a do cobro dos dereitos de autor. Pero aquí falo de gloria, de Lela, dos músicos de Vilalba, de onde saliu Rosendo Mato.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES