Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Díaz Castro merece máis

sábado, 02 de marzo de 2019
Tod@s levamos unha grande alegría cando a Alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, anunciou na igrexa dos Vilares, aquel 3 de Outubro de 2015, coincidindo co 25 cabodano do pasamento do poeta do Vilariño, a creación do Premio Xosé María Díaz Castro de poesía, así como celebramos tamén a alta participación nas catro convocatorias realizadas até hoxe nun concurso poético destas características. O prestixio dos membros do xurado e da editora do premio (Espiral Maior), sumado á dotación económica, contribuen a ese éxito. Polo tanto, os meus parabéns a tod@s e asimesmo aos poetas gañadores.

Así e todo, hai aspectos francamente mellorábeis á vista do observado até agora. Estes son os comunicativos, a trasmisión do premio á sociedade guitiricense e chairega no próximo e á galega en xeral e a organización da entrega destes premios.

Mesmo os que seguimos con atención os resultados, enterámonos con pouca anticipación ou a posteriori das presentacións dos libros gañadores, e esas presentacións non son en ningún caso feitas para a concurrencia masiva de viciñ@s, cando calquera acontecemento relacionado con Díaz Castro debera ser unha festa literaria coa maior concurrencia. Na presentación do libro gañador da terceira edición co próprio autor, Xurxo Alonso, o acto foi levado ao Vilariño, con casi máis músicos que público (estes foron avisados a tarde anterior) nun acto máis orientado aos medios que á veciñanza. Non é que o Vilariño non conte con un importante contido simbólico, pero a convocatoria, non resposta en tempone forma ao que sería desexábel para convertir cada ano o prémio Díaz Castro unha das datas máis importantes do concello.

O poeta dos Vilares é o persoeiro máis importante que deu Guitiriz na súa história como para deixar que o premio poético co seu nome sexa para o goberno local un mero trámite anual que se resolva con 2.000€ e uns petiscos e que por motivos de subvencións da Xunta non teña cabida para máis norma que a do galego oficial. Chama a atención que outros certames poéticos, sen cobertura institucional nin dotación económica acaden máis trascendéncia social e participación veciñal que o grande prémio poético de Guitiriz. Díaz Castro merece máis.
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES