Co 'Caldo de Ósos' Taboada homenaxea ó porco
Rodríguez Porto, Ramón - jueves, 28 de febrero de 2019
Segundo o maxistrado e escritor francés do século XVIII, Anthelme Brillat Savarín, el placer de la mesa no produce arrebatos, éxtasis ni arrobamientos, pero gana en duración lo que pierde en intensidad, y se distingue, sobre todo, por el privilegio particular de que goza, disponiéndonos para todos los demás deleites, o al menos consolándonos por haberlos perdido....
I é que non resulta doado resistirse á tentación de degustar todo o que a terra nos ofrece. Unha terra como a de Taboada cunha enorme variedade de productos que son, por si mesmos e sen necesidade de elaboracións sibaritas e complicadas, vértola de deuses.
En Taboada, un pérdese nun laberinto de farturas cando chega o tempo do Entroido, cando eiquí se celebra a súa festa gastronómica por excelencia, a do caldo de ósos que pola súa singularidade se atopa entre os primeiros caldos de Galicia.
Pero nesta festa, tamén se homenaxea ó porco con todas as súas variantes, lacóns, xamóns, costela, lingua, cacheira, dente, barbadela, soá, entrefrebas e os touciños.
Ademais da manifestación gastronómica, reseñar o extraordinario ambente festeiro e de feira que se vive durante toda a xornada, onde a multitude pode mercar outros produtos da comarca, dende o mel ós queixos, pan e empanadas, viño da Ribeira Sacra ou galletas e augardentes de Xián, entre outros...
Nos derradeiros anos o caldo de ósos convertíuse nun clásico moi demandado polos visitantes en época de matanza. Este caldo está adquirindo notoriedade. En varios restaurantes, ó marxen da festa, é unha das opcións máis demandadas. Calquera que visitara algunha vez esta celebración, dificilmente esquecerá esta peculiar forma de aproveitar os ósos da columna do porco. E si ten algunha oportunidade, repetirá sin ningunha dúbida.
Por estas e outras razóns, non cabe máis que felicitar ó sector hosteleiro, empresarial, ó propio Concello pola potenciación deste prato e este certame, dando un exemplo de unidade que é o que provoca o seu rotundo éxito, poñendo no sitio que lle corresponde a esta manifestación no amplo abanico de feiras e festas gastronómicas que ó longo do ano se celebran en Galicia.

Rodríguez Porto, Ramón
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora