Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Máis sobre asistencia persoal

jueves, 28 de febrero de 2019
As persoas con diversidade funcional, sen criterios razoables e sexa cal sexa a súa idade, están na Lei de Dependencia no mesmo saco que as persoas maiores.

Por iso vou insistir no tema da asistencia persoal. Pola súa novidade é necesario facer puntualizacións antes de que se converta nun negocio. Un dos comentarios máis común é considerar a figura do asistente persoal como un privilexio. Pois non!!! É unha opción contemplada na lexislación e tamén máis económica. Isto de máis económica seguro que sorprende. Podemos aseguralo baseándonos en datos medios comparativos. Redondeando, unha residencia recibe por praza a cantidade duns 35.000 € ao ano e para quedarse na casa cos apoios necesarios só conceden uns 12.000 que, na maioría dos casos, non van directamente ao usuario e pérdense en dubidosos pasos intermedios. Como se pode entender que a Administración subvencione por unha praza de residencia e non estea disposta a pagar para que cada un xestione a súa asistencia persoal? Aínda cos datos diante, somos nós os que temos que demostrar a viabilidade económica.

Facer residencias é un obxectivo que chama máis porque dá resposta a moitos intereses, hai moito diñeiro en xogo e queda máis vistoso para as fotos da inauguración. Os nosos representantes políticos non acaban de situarse nos parámetros da Convención sobre os dereitos das persoas con diversidade funcional. Tanto aproban construír unha macro residencia como unha vivenda tutelada, como se reúnen cos que reclaman unha vida independente. Será que queren contentar a todos coa vista posta nas próximas eleccións… Por outra banda, a asistencia persoal que propoñen desde algunhas Asociacións coa desculpa de formar, contratar… pode chegar a desvirtuar ese dereito. Xa se empeza a falar da necesidade dunha Lei de Vida Independente e Asistencia Persoal para acabar co monopolio que se organiza sempre á conta do máis débil.

Hai máis alternativas que unha residencia, escravizar a un familiar as 24 horas do día ou adaptarse a uns servizos de axuda a domicilio cun horario fixo. Coñezo persoas que as van levantar ás 7 da mañá todo o ano. Algo entendible desde o punto de vista organizativo da Administración, pero non desde a liberdade de cada persoa. Insisto que non se tratar de pedir máis diñeiro senón de xestionalo no fomento e promoción da autonomía. Non está de máis lembrar outra vez o artigo 19 da Convención da Onu que fala do “dereito a vivir de forma independente e a ser incluído na comunidade”.

As asociacións non deben pasar de reivindicar dereitos a xestionar servizos precarios. Isto pode levarnos a perder a esencia da asistencia persoal e, como consecuencia, prexudicar tamén as condicións laborais dos traballadores. Sen estar en contra de outras opcións, as persoas con diversidade funcional reclaman poder vivir no seu entorno habitual e simplemente queren que se contemple con garantías a posibilidade de ter un asistente persoal.
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES