Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A revolución telefónica

miércoles, 12 de diciembre de 2007
En menos de medio século, o teléfono pasou da prehistoria á total consolidación; da primitiva utilización dun instrumento chamado a comunicar a todo o mundo pero que na primeira metade da súa existencia avanzou coa timidez ou a lentitude propia do tempo e das dificultades técnicas.

No último medio século o teléfono manual transformouse en automático, as chamadas telefónicas atravesaron fronteiras, centuplicouse o número de liñas e aparatos instalados, vulgarizouse a súa utilización na medida en que se abarataba a súa instalación e funcionamento.

As cabinas telefónicas, no urbano e no rural, foron a definitiva descentralización deste artiluxio que fixo máis polo vencello das persoas que calquera outro invento que a humanidade houbese disfrutado a nivel global.

Pero foron os móbiles, os teléfonos que non precisan liña instalada, os teléfonos itinerantes, os que de xeito definitivo consolidaron un sistema de comunicación, fora de ataduras, sempre disposto, por riba do tempo e do espazo, de xeito case miragroso pero efectivo.

Sinal de que, por agora, o sistema se consolidou é a paulatina desaparición de liñas fixas nos domicilios, sustituídas polas móbiles; o abandono das cabinas, primeiro abandoadas pola incuria e logo pola inutilidade, a utilización masiva destes artiluxios de xeito que en determinados lugares hai que instalar inhibidores para evitar a invasión insultante, e o nacemento das mensaxes a través dos móbiles cunha nova linguaxe que sintetiza, esquematiza, deturpa calquera das nosas linguas habituais.

É a revolución do teléfono, ou adaptación do teléfono á revolución social que vivimos, de presa continua, de necesidade de contacto verbal case furtivo, de non saber estar sós nin un segundo coidando estar acompañados permanentemente polo feito de ter na man un artiluxio que permite contactar con outros solitarios.

Do uso do móbil depende a súa virtude. Da utilización que cada quen faga dependerá ser controlador ou controlado por un aparato chamado a favorecer a vida humana. Como case todo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania