Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aparcar en Vilalba (e Lugo)

jueves, 28 de febrero de 2019
Ata hai pouco tempo, cada vez que ía a Vilalba, tiña moi claro que non facía falla buscar aparcamento no exterior senón que o tiña practicamente garantido no soto da praza de abastos, o lugar máis céntrico posible para deixar o coche e acudir a calquera xestión no centro da vila.

Pero ultimamente xa non é así, e o máis normal é que ao chegar estea cheo o aparcamento, e ao dar unha volta ccompleta comprobar que hai uns cantos automovilistas máis intentando a mesma tarefa imposible.

Lembro que hai tempo o concello intentou que funcionase como aparcamento de pago, normal pola situación e pola habitualidade do sistema, pero non funcionou. En cambio, cando volveu a ser gratuito, a utilización foi completa.

Non digo que se tome como exemplo os aparcamentos soterrados de Lugo, estreitos e carísimos, onde demos en aparcar por libre ocupando tres prazas entre dous, pero si que se aplique un prezo político que permita financiar a vixianza da instalación, que garanta a fluidez na utilización, e proporcione aos usuarios un servizo garantido.

Porque o problema deste aparcamento entendo que é parello ao existente en Lugo na zona onde estaba establecido o sistema Ora, de ordenación de aparcamentos, que limitaba o tempo no que un vehículo podía estar aparcado. E agora, os que viven de preto teñen estacionamento garantido, ou acomodo permanente gratuito e ao pé da casa, xa que cando un consegue aparcar comodamente, ten que ter moita necesidade para mover o coche.

Cobrar por un servizo, unha cantidade razonable, garante a correcta utilización dese servizo. Neste caso, posibilitaría que este céntrico aparcamento vilalbés fose utilizado por quen o precisara, e deixara espazo libre para o seguinte cando rematara a súa ocupación.

Esto, en Vilalba, pode ter solución, porque como se paga por tempo, seguro que se axilizan as estadías, e todos podemos aparcar nel. En Lugo é máis difícil porque primeiro terían que regular legalmente o tema, e visto o visto –cos anos que leva suspendido- tardará moito tempo en poñerse de novo en funcionamento, se é que algunha vez volve funcionar.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES