Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 27 de febrero de 2019
Grazas, Inma López Silva

Chámome Tais Valente Madeira. Son muller. Síntome muller. Ou iso pensaba. Logo de ler o libro de Inma López Silva “Chámame señora, pero trátame coma a un señor”, dubido moito de que, ata agora, me sentise muller. Asimilaba aquelas olladas de esguello como algo lóxico, como algo que estaba aí de toda a vida. Intuía que me desexaban. Agora vexo que de mais. Penso na liberdade de ser muller e sei que estiven prisioneira dunha sociedade apegada a un patriarcado inmoral e podente. Se quería quedar nunha verbena, era puta. Se quería escribir, imposible porque non tiña intelecto. Soñaba por entre os palleiros da Aira de Arriba, mais axiña me cortaban as ás coa típica frase de “tes paxariños na cabeza”. Non obstante, agora, coa idade, son e síntome muller. E mírolle ós ollos a esa lascivia que asoma pola meniña dos seus ata que acaban agachando a vergonza. E escribo catro poemas ben compostos sobre a indecencia, sobre a obscenidade duns machos que se teñen por moi machos. E berro forte e claro que son muller. E quero que todas as mulleres do mundo sexan e se sintan mulleres. Son Tais Valente Madeira, a filla precisamente da Parrocha. Que quede moi clariño de onde procedo! E son libre. E síntome libre. Grazas, Inma López Silva.

Un sentimento eterno

Quero ver o mundo desde o alto dunha verza e observar o inferno somerxido entre catro palabras de auga e tres descansos eternos. Sempre haberá por quen rezar uns responsos de afliximento. Aínda que algúns lanzarán foguetes ó ceo. Quero facer malabarismos sobre o sedela dunha cana e berrar ós catro ventos que algún día, quizais algún día, todos seremos uns bichos trotando sobre os lameiros dun lamento. Quen chora. Quen ri. Que canta. Quen berra. Quen queda en silencio. En silencio contemplo as ondas do mar que veñen e van, ó mesmo tempo que noto que un sentimento, que un salouco navega polo Atlántico abaixo. Quero escoitar a Amancio Prada neste día rosaliano e pechar os ollos para que catro versos e un poema se deiten na miña inercia poética, no meu corazón rebentando por un asubío perdido no tempo. Agora sinto que a verza se abanea, que o sedela se leou entre as gallas dun amieiro e que Rosalía é un sentimento eterno. Negra sombra que me asombras e follas novas nesta noite na que quixera tomar a xustiza pola man. Quero ser un verso, ou aínda mellor, un poema para sentir o zume dunha nostalxia que me arrabuña a alma. Como chove miudiño polos carreiros dunha vida que vai, e vén, e nunca se detén. Quen non xeme?
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania