
A entrega dos Premios do Certame Vilariñas 2019 a Beatriz Dourado, Mila Villanueva e Cris Amoedo, sirveu para a homenaxe dos poetas a Alfonso Blanco Torrado e tamén para celebrar o día de Rosalía.
O acto foi presentado e conducido polo poeta Moncho Bouzas.
No nome da NPG Nova Poesia Guitirica, organizadora do acto, Luz Campello, André da Ponte e Branca Villar (que realizou unha escultura adicada a Alfonso) foron quenes agasallaron con palabras, un poema e arte ao creador de Xermolos.
Sandra Tenreiro, cos seus fillos Inés e Angel ao chelo, puxeron as notas musicais aos poemas de Díaz Castro, e Xelo Teijido, Fátima Fernández, Luz Darriba, Emilia Martínez Fuentes e Pilar Maseda recitaron a Rosalía, presente no acto na persoa da poeta María Pereira.
O remate culminou coa entrega das Vilariñas a Beatriz Dourado, Mila Villanueva (recolleu José Lapasió no seu nome) e Cris Amoedo polas nenas Simona, Zeltia e Clara que tamén recitaron os seus poemas.
As micropoesías VILARIÑAS chegaron este ano ás 200 creacións doblandona participación do ano anterior nun certame que gaña aceptación e popularidade.
Alfonso Blanco, amosou emocionado o seu agradecemento por ser homenaxeado por xente tan próxima, poetas que nalgúns casos, naceron dos concursos pieticos de Pardiñas e noutros viron as primeiras publicacións da man de Xermolos e a irmandade Manuel María.
Felicitou tamén á NPG por ser os principais mantesoresbdonlegado poéticonde Diaz Castro eanimou a seguirnloitando por culminar a restauración da casa do poeta até convertila na Casa da Xente.