Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Minifundismo xenético

lunes, 25 de febrero de 2019
Científicos das universidades de Osford e Compostela veñen de facer un estudio, e publicalo na revista Nature, no que comproban que Galicia é un lugar único no que se da o que lle chaman minifundismo xenético, que ven ser a perpetuación no tempo dos xenes dos poboadores en determinados lugares, de xeito que non se mesturaban cos dos pobos inmediatos.

A esta mesma conclusion, menos científica, houbesen chegado se fixesen un estudo de campo entre as poboacións do noso rural para coñecer o que pasaba a mediados do século pasado, cando os mozos das parroquias veciñas que acudían ás festas tiñan dificultades para bailar coas rapazas do lugar xa que os mozos da vecindade tomaban moi a mal a competencia, e os forasteiros –aínda que fosen dun par de kilómetros de distancia- non eran benvidos polo que supoñía de invasión do terreo de caza propia, e daí as liortas que sempre se armaban nas festas rurais, moitas veces para espantar aos mozos de fóra.

Razón poderosa para calquera illamento deste tipo era a falla de comunicacións por estrada, sendo na inmesa maioría dos casos no rural a comunicación por carreiros, camiños de carro, congostras, atallos cheos de pasadoiros… o que unido á falla de medios económicos, fixaba a poboación aos seus puntos de residencia sen posibilidade de grandes desplazamentos.

Por outra parte, o mesmo aillamento das poboacións rurais provocaba un descoñecemento do exterior, un distanciamento do foráneo e polo tanto unha revalorización do propio co resultado do aillamento social que provocan os condicionamentos xeográficos, neste caso reforzados polos pechados contornos sociais. E que moitos apelidos se circunscriban nunhas determinadas zonas, ou aparezan enfermidades exclusivas dunha comarca, non fan máis ca reforzar as evidencias que aínda puidemos percibir e gardamos na nosa memoria.

En minifundismo xenético, os galegos somos únicos no mundo, a pesar de que neste fisterra remataban todos os camiños, ficaban todas as invasións, e Europa entrou en Compostela. Por iso notamos tan fortemente este aluvión de razas que agora recibimos, que renovarán a nosa carga xenética, e nos farán acceder a un mundo máis grande e diverso.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES