Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os fados de Marlene Rodrigues

lunes, 25 de febrero de 2019
A semana pasada, no noso país, desenvolvéronse as mesmas lerias que na anterior, é dicir, maquinaria electoral en marcha, o asunto de Guaidó, Maduro e o pobo venezolano e, como non, o xuízo polo tema catalán. Un servidor, como politicamente é torto, pasa un pouco de amolar á xente “ben entendida”, principalmente no asunto catalán, a maiores de que tamén, o mesmo servidor, recoñece que hai periodistas ou informadores que si entenden moito máis ca el na materia. Entón, para que enfadar á Os fados de Marlene Rodriguesinmensa maioría. Co sinxelo que é aparcar a política e falar doutros asunto que, incluso, poden emocionar. Como unha boa actuación musical, por exemplo, rematando precisamente a semana, o venres. De fados vai a cousa. O tango leva a fama, pero coidadiño co fado. O fado xa sabemos que é todo un sentimento, toda unha nostalxia.

Os fados interpretados por Marlene Rodrigues case encheron o auditorio de Barbadás e emocionaron de tal maneira que, ó final, aquilo era máis unha festa que unha propia actuación. Marlene estivo acompañada por Rui Beirão na guitarra portuguesa, por Alex Marques no baixo e por Dario Rocha coa viola de fado. Foron 20 fados de todas as cores. Abrollaron 20 fados dos que, dous, foron instrumentais e os 18 restantes saíron dunha voz doce e portentosa, sentimental e forte, melancólica e retranqueira, portuguesa e marabillosa. Si, a voz de Marlene Rodrigues, por sorte, xa a coñecía. Porque xa a vira actuar por dúas veces con Xardín Desordenado. Aínda que por esta vez descubrín unha nova faceta dela: a súa simpatía. Con Xardín Desordenado... non sei, semellaba que non se soltaba; pero agora, sendo ela a raíña, amosaba todo un potencial simpático e incluso trouleiro, algo carallán. Ou sexa, que nos fixo rir.

Marlene Rodrigues, fuches a autovía do fado pola que, as letras, circulaban á velocidade permitida, pero os sentimentos lanzáronse moito máis alá dos 120, incluso con risco de multa. Pero quen non paga unha multa por certas emocións. E o venres emocionaches, emocionastes a todo un auditorio posto en pé para rachar con aleluias unha actuación exemplar. Obrigado, moito obrigado, Marlene. De coraçao.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES