Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 22 de febrero de 2019
Un no papo e outro no saco:

Nadir Oposto Restrón era cómodo, moi cómodo. Facía que facía pero non facía nada. Quería levar todos os méritos, e a maiores que lle deran o traballo feito. Falando claro: quería un no papo e outro no saco. Sentaba sempre ó pé dun canastro vello que había preto da aira, e estaba a velas vir. Despois, para máis aquel, aínda se mofaba dos veciños cando estes lle dicían que que ben vivía. El esbardallaba e seguía co pito na boca para rematar rindo a cachón. Nadir era fillo do Vergallán (de caste lle vén o galgo), Pingas de Orballoo señor Octavio da Tarsila, e nunca quixera nin estudar nin traballar as leiras. Ás veces incluso abusaba un chisco dos seus pais. Estes andaban arrastras e el sentado sempre ó pé do mesmo canastro, o canastro da Paxarela, a señora Ulla do señor Paio, os que vivían porta con porta con Nadir. “Ai, neno, ti sempre quixeches un no papo e outro no saco”, dicíalle a señora Ulla. A esta respectábaa moito. Moito máis que ós seus propios proxenitores. Nadir mesmo ás veces pensaba no sacrificio deles e aínda que lle remoía a conciencia de cando en vez, era tan só nese suspiro, xa que axiña volvía á súa preguiza e a acender un cigarro detrás doutro. “Que non traballen tanto”, dicíase para si. Como a el lle daban todo feito.

Con boas palabras

Traidor! Traidor!, berroulle un a non sei quen. Os dous botaban lume polos ollos e fume pola cabeza. E non eran dragóns. O narrador quedou alucinado vendo as súas maneiras. O que facía de non sei quen tiña unha fouce gata levantada e con sinais de deixarlla caer na cabeza do que facía de un. Este arremangou as mangas da camisa e colleu o fouciño que tiña á súa beira e con sinais, tamén, de arrebolarllo a non sei quen. Ó narrador non lle quedou outra que admirar as veas inchadas dos brazos do que facía de un. A máis gorda semellaba o río Arnoia e as outras eran algo así como o regato das Lamas, a caldeira dos Lamas e a caldeira das Pedradarcas. A acción desenvólvese en Baños de Molgas. Porque un é do Lugar e non sei quen é da Carretera. Mentirán! Mentirán!, era agora non sei quen o que lle berraba a un. As ferramentas cada vez estaban máis cerca das caras dos dous. O narrador estaba a velas vir, pero tamén vía que a cousa podía moi perfectamente pasar a maiores. Dáballe rabia, porque tanto un coma non sei quen eran veciños. E para o narrador a veciñanza é sagrada. Así é que, ó narrador, non lle quedou outro que meterse por medio, cun simple bolígrafo nas mans, e con boas palabras apazugou o incendio. Onde estea a palabra...
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES