Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cara ó 28A: Indefensión aprendida, debilidade asumida

lunes, 25 de febrero de 2019
Ás veces, case sempre, conceptos básicos da educación e/ou do ensino, teñen aplicación inmediata nun ámbito totalmente diferente. Isto vai da aplicación dunha práctica a evitar en educación que, por contra, está a ser aplicada na política.

De cara ás próximas (varias) eleccións, coido interesante facer un seguemento de como se desenvolve un concepto do que non se estila moito a súa visibilidade en política, e menos en época preelectoral. Mais é algo que se aplica de xeito case sistemático nese ámbito. Trátase do que en psicoloxía se coñece como ‘indefensión aprendida‘ (ou, se queres ver algún vídeo sobre a indefensión aprendida…). En breve, refírese a que se se amañan as regras dun xogo, sexa o xogo que sexa, e se fai dun xeito opaco co resultado de que sexa máis difícil xogar e chegar a resultados para unhas persoas que para outras, entón a xente afectada pola discriminación negativa verase como peor xogadora, e en consecuencia, desincentivarase e terá peores resultados e unha imaxe máis negativa de si en relación o xogo.

Agora ben, a vida non é un xogo, o ensino tampouco, nin a política, mais vida e ensino poden tomarse como un xogo, e a política, ao menos tal como está concebida no sistema de representación actual vixente en España, é un xogo de ganadores e perdedores…

En política, de longo tempo por estes lares, ven sucedendo algo polo estilo á indefensión aprendida. Vista como xestión do poder sobre o conxunto social e as súas actividades, se as persoas non teñen poder por outros medios, poder ‘de feito’, ‘poder fáctico’, ven sistematicamente como o valor da súa participación política tende a anularse. Como resultado, diminúe o seu impulso primario á participación, e en consecuencia, a súa representación, incidindo máis aínda no seu sentemento de perda de poder político nunha espiral decrecente da que non se pode saír dentro do sistema.

Se a participación se mantén en parte, é por un interese secundario, debido non á expresión do que é, sinte ou lle parece á persoa, senón debido a propaganda dos diversos partidos, nunha especie de chamamento que indica ‘comigo serás forte’, déixanos facer e serás tan hábil e mandarás ó noso través como o que máis, abandoa o teu e vente. Pero isto significa que a participación xa é mediatizada, para o uso puntual dos partidos e non das persoas, que se se benefician en algo máis aló dunha sensación de poder é de xeito secundario.

Mesmo esa posibilidade de cambio que se podería albiscar cada x anos nos procesos electorais pasa a ser un cambio cosmético, pois está mediatizada de diversos xeitos, dende o filtro polo que pasan os candidatos para chegar a selo, á convivencia do poder político cos poderes fácticos: haxa ou non connivencia de principio, pode aplicarse aquelo de que dous que durmen no mesmo colchón vólvense da mesma opinión…
Mentres, para saír desta espiral na política, na práctica só queda cambiar as regras do xogo, ou sexa, cambiar o xogo. O mesmo que para non cargar coas consecuencias en educación, hai que deixar fóra a indefensión aprendida, pois tentar evitar as consecuencias unha vez producida require non só moito traballo, senón condicións adecuadas…
Gregorio Montes, Antonio
Gregorio Montes, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES