Como chinos
Editorial - martes, 11 de diciembre de 2007
A nosa fala popular, sempre acertada, ten alomenos un erro cando pon de exemplo da máxima posibilidade de ser enganado ós súbditos da outrora Súa Maxestade Imperial e agora poderoso imperio emerxente no centro de Asia. Esa gran nación que ven de establecer irmandade con Lugo por ter en ámbolos dous casos unha gran muralla, e por ter establecido entre sí relación os dous monumentos o pasado mes de outubro co gallo das festas patronais do San Froilán.
Engañados como chinos está no noso argot, pero eso podía ser antes, agora xa non.
Estannos invadindo, e en calquera das cidades galegas proliferan como fungos os establecementos rexentados por cidadáns chinos que venden absolutamente de todo, protexidos polo seu goberno, a tradicional acollida dos galegos e pola súa capacidade de traballo e sacrificio.
Ata agora, a súa ostensible presencia cifrábase no comercio ó por menor de todo tipo de obxectos da clase todo a cen ou todo a un euro, pero en canto a Galicia acaban de dar un salto cualitativo cando un os representantes dunha empresa china veñen de visitar ó Presidente da Xunta de Galicia para anunciarlle o investimento de cento vinte millóns de euros no noso país para construir un parque fotovoltaico para a produción de enerxía.
Traballan como chinos. Invisten como chinos. Expándese como chinos. Aquí ninguén engana a ninguén. Nin queremos nin poderiamos. Saben moi ben onde veñen, a que veñen, e que van conseguir.
Alguén terá algún día que ensinarnos a ser como chinos. Se estivesemos dispostos. Se aínda é posible.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora