Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A piedade popular ao Santo Cristo de Goián, Sarria (3)

jueves, 21 de febrero de 2019
Artigo dedicado a D. José Somoza Díaz, párroco da freguesía de San Miguel de Goián (Sarria).

IV. A CONFRARÍA DO SANTO CRISTO DE GOIÁN (SARRIA).
As confrarías son agrupacións voluntarias formadas por laicos, que teñen como finalidade fomentar o culto de determinadas entidades sacras. Reciben o seu nome dos misterios da relixión cristiá, das festas do Señor, da Virxe e dos santos. “Las cofradías son asociaciones voluntarias de carácter laico, cuyos fines están relacionados formalmente con el culto a determinadas imágenes o advocaciones” (1). “La cofradía es la mediación fundamental para la animación y cristalización de las grandes devociones A piedade popular ao Santo Cristo de Goián, Sarria (3)populares” (2).

Teñen un obxectivo relixioso-católico e dependen da autoridade eclesiástica. “…son asociaciones cuyos fines son formalmente religiosos, estando sujetos, por ello, a la jurisdicción eclesiástica y a la autoridad de la jerarquía católica” (3). Na confraría levanse a cabo relacións de convivencia, sociabilidade, intercambio e reciprocidade. “La cofradía es el núcleo focalizador de toda una vida y un dinamismo comunitario” (4). A confraría pode chegar a representar o nivel de identificación e integración de toda a comunidade. Nese caso a festa principal simbolizará o conxunto da comunidade fronte ao mundo exterior. “Cada fiesta es la expresión de identidad de la comunidad y tambien de su unidad” (5).

En Galicia as confrarías son abertas e verticais. Son abertas, xa que a persoa que o desexe pode formar parte delas, sempre que cumpra cos estatutos da asociación. Son verticais, xa que integran a persoas pertencentes a diferentes capas sociais.

Normalmente unha persoa pertence a unha confraría ben pola tradición familiar, pola amizade con algún membro dela, pola residencia, pola cera dos enterros etc. Polo tanto, era moi normal que houbese fieis, que pertencesen a varias confrarías, aínda que non estivesen situadas no seu medio de habitat.

A irmandade, que imos analizar, foi fundada canónicamente no ano 1726, sendo crego párroco de San Miguel de Goián D. Antonio Armesto Rivadeneira. Dende os seus inicios estivo administrada por un mordomo, que facía cumprir os estatutos de fundación da confraría (6). Éste tiña que pertencer á freguesía e posuír boa conducta e rectitude. Era elixido polos irmáns devotos da susodita confraría e polo párroco, que se encargaba ademais de comprobar todos os anos a contabilidade da irmandade. O mordomo recadaba todos os anos a contribución económica dos confrades, consistente en 24 maravedís ou cinco cuartos (7). O número de confrades foi oscilando ao longo do século XVIII mais sempre superando a centena (8). Ademais, o administrador encargábase de planificar os oficios relixiosos da irmandade, e de aportar a cera aos confrades cando finaban (9). Con respecto aos oficios relixiosos, o mordomo coordinaba o labor dos tres capeláns da irmandade, que tiñan como misión encargarse da confesións dos irmáns confrades e de concelebrar a misa nos seguintes días do ano: o primeiro día de Xaneiro; o día da Pascoa de Resurrección; e o domingo seguinte á Transfiguración do Señor. Por esta tarefa os capeláns percibían cadanseu tres reais por día. Co paso dos anos, aínda que nos Estatutos da confraría non está reflectido, celebrouse tamén na primeira dominica de setembro a conmemoración do Santo Cristo con varias funcións relixiosas. “Ano 1742. Data. 31 rs., misas de las eclesiásticas funciones del Santo Cristo, más 35 rs., y 32 mrs., a los curas en las funciones del año” (10). “Ano 1794. Data. 44 rs., de tres misas cantadas y la asistencia de seis sacerdotes el día de la función de los cofrades” (11). Na misa concelebrada adoitaban participar un número variable de cregos, dende cinco a sete (12). Por outra banda, a irmandade no século XVIII sempre tivo remanente (13). Malia iso a súa contabilidade era supervisada nos seus comezos polo párroco da freguesía; logo, esta función levouna a cabo o bispo da diócese o un visitador pastoral, enviado pola diócese, que cobraba pola súa tarefa tres reais. “Ano 1746. El día 3 de septiembre, el ilmo. obispo aprueba las cuentas anteriores y da A piedade popular ao Santo Cristo de Goián, Sarria (3)comisión al cura para que ajuste las futuras, cobre sus alcances, procurando en todo momento aumento de culto y decencia…” (14).

A partir de finais da segunda década do século XIX fixose operativo un libro de esmola alusivo á devoción ao Santo Cristo de Goián. Nel está reflectida a esmola, que recibiu o Santuario durante os séculos XIX –dende o ano 1818- e XX – ata o ano 1984, das festividades do Santo Cristo e do San Miguel, patrón da freguesía; tamén faise mención, neste libro de esmola, aos demandantes parciais da mesma, e aos depositarios da totalidade; asi mesmo, faise alusión aos investimentos levados a cabo en ámbos os dous séculos polo párroco da freguesía en conformidade cos veciños da mesma. Éstes foron investindo ao longo dos anos tanto en vestimentas e obxectos de índole relixiosa como en arranxos e obras de carácter interno e externo ao recinto sacro.

Con respecto á esmola, os devotos inicialmente aportaban unha doazón en metálico tanto na festividade do Santo Cristo como na do San Miguel, patrón da freguesía , sendo máis cuantiosa a do Santo Cristo. Ésta adoitaba realizarse no intre de “poñer o santo”.
“1879. Se sacaron en “Poñer el Santo” en dinero, 425 rs” (15). “1880. Por “Poner el Santo”, 396 rs” (16). Tamén había fieis que no resto do ano, preferentemente os días festivos, introducían unha ofrenda en metálico nunha caixa de esmola ou peto. “1885. Caja anual, 28 rs” (17). A partir do ano 1832 os devotos comezaron a contribuir tamén na festividade do Santo Cristo con doazóns en especie, baseadas nalgúns cereais como o liño e o centeo. Ésta introducíase nunha arca que posuía a irmandade para tal fin. “1832. 260 rs., limosna del Santo Cristo. 240 rs., que se verificaron en limosna de lino, grano” (18). A partir do ano 1870 empezouse a especificar a esmola en especie. “1870. Algunhas estrigas de lino y seis ferrados de centeo…” (19). No ano 1893 comezouse a precisar en pesetas e reais toda a esmola, tanto a de especie como a de metálico. “1893. 680 rs., o sea 170 ptas, que se recaudan en especie y metálico el día propio de la afluencia de los devotos” (20). Anos despois únicamente en pesetas. A doazón en especie perdurou ata comezos dos anos corenta do século pasado. Durante moitos anos usouse unha romana para pesar a ofrenda en especie, que aportaban os devotos. Ésta mercouna o párroco no ano 1841 por 120 rs. Por outra banda, a esmola era recollida inicialmente por uns demandantes, que lla entregaban a un depositario; éste tiña como misión gardar a recadación da esmola logo de empregar unha parte nos gastos da festividade relixiosa e profana; e no aceite da lámpada do altar central. “1827. Tomás López y Andrés Arias, petitorios (demandantes) del Santo Cristo, entregan a Josef Paz, depositario, 590 rs. vellón, limosna de la dominica de 1827” (21). A partir do ano 1873 encetouse a vender dende a propia organización do recinto sacro “hábitos ou mortallas”; isto deu lugar a que o caudal de esmola, que acadaba o santuario, fose aumentando. “ 1902. 8 ptas. De hábitos, de percalina morada y de colores, que se venden para mortajas de gente muy pobre y para párvulos” (22). En relación á festividade relixiosa a esmola utilizouse nos oficios relixiosos da primeira dominica de setembro, nos que participaban un numero variable de cregos (23); tamén na novena do Santo Cristo. Así mesmo, a partir do ano 1956 empezouse a pagar a misa solemne do lúns. Con respecto á festividade profana, a esmola usouse ao principio na compra dos foguetes; e, logo, tamén nas bandas e grupos musicais. “ 1893. De pirotecnia, según costumbre, 300 rs, es decir, 75 ptas. De banda de música, 160 rs, 40 ptas” (24). “1926. Banda de música y fuegos artificiales, 200 ptas” (25); a finais da década dos setenta e principios da dos oitenta do século pasado, o párroco concedeulle anualmente á comisión de festas, 6000 ptas. O resto da esmola, que recibiu o depositario, ou os demandantes da mesma, foi empregada polo párroco da freguesía coa conformidade dos veciños da parroquia. Así, usouna para mercar vestimenta e obxectos de índole relixiosa, relacionados co culto existente no santuario; e, tamén, en arranxos e obras de carácter interno e externo ao templo.

NOTAS
1. ESCALERA REYES, Javier.: “Hermandades, religión popular y poder en Andalucía”, en La religiosidad popular. III. Hermandades, romerías y santuarios, C. Álvarez Santaló, María Xesús uxo, y S. Rodríguez Becerra (coords.), Anthropos, Barcelona, 1989, páx. 459.
2. MALDONADO, Luís.: “ Para comprender el catolicismo popular”, en Cofradías y Hermandades. Ed. Verbo Divino, Estella (Navarra), 1990, páx. 87.
3. ESCALERA REYES, Javier.: Ob. cit., páx. 460.
4. MALDONADO, Luís.: Ob. cit., páx. 87.
5. PITT RIVERS, Julián.: “ L´identité locale vue á travers la fiesta”, en Coloquio Hispano-Francés. Culturas Populares. Diferencia. Divergencias. Conflictos. Universidad Complutense. Madrid, 1986, páx. 13.
6. Entre algúns destes mordomos, que exerceron a súa actividade no século XVIII, facemos alusión aos seguintes: Domingo Díaz (1742). Martino de Paz (1743). Juan López del Hospital (1744). Pascual López do Barro (1751). Carlos Vázquez (1755). Domingo de Serra (1760). Pedro Vázquez (1765. Benito Ares (1768). Luís Gómez (1772). Jacobo Pérez (1775). Caetano Paz (1779). Lucas López (1783). Antonio López (1788). Luís López (1793). Diego Vázquez (1797).
7. Esta contribución non sufriu ningunha variación durante o século XVIII. O marabedi, que na súa orixe foi unha moeda de ouro na época de Alfonso VIII (séculos XII-XIII) serviu logo de base para as moedas de cobre, usándose como unidade de conta ata o século XIX. En prata, había unha pequena moeda chamada “realillo” cun valor medio de 34 marabedis. Un real era unha moeda de prata duns tres gramos, ao que nomeaban “media peseta”, e equivalía a 68 marabedís. Logo viña a peseta, que era a moeda principal, tamén chamada “real de a dous”, duns 5,75 grs. de prata. O “medio duro” ou “real de a catro”, equivalía a dúas pesetas. Co rei Xosé Bonaparte introduciuse en España unha moeda de prata, denominada “real de vellón”. Así, unha peseta pasou a conter catro reais de vellón. Cos anos suprimiuse a palabra “vellón” e quedouse unha peseta= 4 reais. Logo, creouse unha nova moeda de prata, chamada “duro forte” que equivalía a 5 ptas, quedandonos paseniño co nome de “duro” sen máis.
Información sacada da web www.arriondas.com Rozada Martínez, José.- Del maravedí al euro. Desde Felipe V hasta Felipe VI.
8. Así, no ano 1742: 183 confrades. Ano 1744: 186 confrades. Ano 1753: 153 confrades. Ano 1760: 139 confrades. Ano 1772: 129 confrades. Ano 1775:119 confrades. Ano 1785: 137 confrades. Ano 1796: 127 confrades…
9. Segundo os estatutos da confraría, o mordomo entregaba 24 cirios nas honras fúnebres. Non embargantes, co transcurso dos anos o número reduciuse a 12 cirios ou fachas (Ano 1784).
10. Cofradía del Santo Cristo de Goyán, 1730-1985. Arquivo parroquial, páx. 11.
11. Cofradía. Ob. cit., páx. 45.
12. Algúns exemplos. Anos 1792, 1798: 5 cregos. Anos 1794, 1797: 6 cregos. Ano 1795: 7 cregos.
13. No ano 1742: 299 rs e 1 mrv. No ano 1779: 806 rs. No ano 1785: 1145 rs. No ano 1793:1753,28 rs., e mrs.
14. Cofradía. Ob. cit., páx. 14.
15. Cofradía, Ob. cit., páx. 91.
16. Confraría, páx. 92.
17. Confraría, páx. 95.
18. Confraría, páx. 60.
19. Confraría, páx. 86.
20. Confraría, páx. 99.
21. Confraría, páx. 57.
22. Confraría, páx. 115.
23. Algúns exemplos. Nos anos 1878 e 1893: 6 cregos. No ano 1915, 9 cregos. No ano 1983, 13 cregos. No ano 1984, 11 cregos.
24. Confraría, páx. 99.
25. Confraría, páx. 149.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES