Alfonso de Guitiriz
Fernández Abella, Xoán Xosé - jueves, 21 de febrero de 2019
PARA ALFONSO BLANCO TORRADO
NA HOMENAXE QUE LLE RENDEN OS SEUS FREGUESES
Teu dogma é o amor. E nese creo.
Sen dúbida por Deus serás premiado.
O teu fermoso exemplo é admirado
polo crente, agnóstico ou ateo.
Fixeches realidade o do Evanxeo
de Cristo, no perdón sempre ancorado
e por tantos cristiáns non observado.
Ti sempre a perdoar disposto arreo.
Teño que supoñer que iso é unha "gracia",
ben túa ou ben que foiche concedida,
que te afasta de toda teocracia.
Conduta que ti tes moi asumida.
Sei que nunca será unha falacia.
Bendigo o alto exemplo da túa vida!
(Poema lido o 19-02-2019 en Guitiriz, no descubrimento da escultura na honra de Alfonso Blanco/Xermolos, Alfonso de Guitiriz)
Fernández Abella, Xoán Xosé
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora