Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: ¡Ollando ao Sur!

lunes, 10 de diciembre de 2007
¡Que xa está na UCI! E o Norte tan pancho na súa inexplicable indiferenza. Engaiolándose con festas gastronómicas insultantes e enchendo as rúas de luminarias cara o Nadal mentres os países empobrecidos do Sur (¡África!) seguen co seu éxodo suicida fuxindo da fame/morte.

Na noite do martes pasado aconteceu un dos feitos máis arrepiantes dos últimos anos, desde que comezou a riada de caiucos ás Canarias. Esa noite “sedentos e famentos”, en dous caiucos, chegaron 88 irmáns que lograron sobrevivir (nove tiveron que ser internados) e tres cadáveres a bordo. ¡Cadea de barbaridades evitables, froito da inercia dos ricos do Norte!

Velaí o balanzo. En Irimia, Afonso Torrado subliña: “No mes de Santos, lembramos 300 inmigrantes, soterrados sen nome, nas Illas, dende o naufraxio do 1999. Son 1.661 os mortos anónimos. Moitos tragados polo mar nos 60 naufraxios (en oito anos) a causa do frío, a falla de comida e/ou auga”. Só no 2006 chegaron ás Illas, 30.000 in/documentados. Unha de cada tres embarcacións, nin puideron arribar”. ¡Como para estar todos tan panchos e tranquilos!

¿¡En que mundo inhumano e insolidario vivimos e seguimos a soster!? E deixámonos chamar humanos, cristiáns, irmáns. E considerámonos boas persoas e presumimos de humanidade e de amor aos pobres. Incluso matamos o tempo insultándonos uns aos outros e seguíndolle o xogo aos políticos. Mesmo a Igrexa belixerante no eido partidista, lonxe da mensaxe de Xesús e ollando cara outro lado ¡A embarullármonos e a seguir consumindo a esgalla para non ver, nin pensar!.¿Podemos esperar algo deste Nadal 2007/08!?. Estamos a ser cómplices desta vergoñenta inxustiza?. Definitivamente, o Occidente, a maioría cristiá...¡está enfermo!.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES