Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A mellor manifestación

lunes, 18 de febrero de 2019
Xa hai moito tempo que as campañas electorais fanse eternas e son eternas. Duran sempre. Porque os políticos prometen continuamente cousas que logo nunca cumpren. Pero a auténtica maquinaria electoral adoita ser tan axiña como se anuncian certas eleccións. O venres deuse o punteirazo de saída para as xenerais no noso país. Será o A mellor manifestación28 de abril. Ese día teremos a opción de menos manifestacións e máis sentidiño. A mellor manifestación é o voto útil. E digo útil. Con sentidiño. Aínda que, claro, seguiremos tropezando coa mesma pedra. Votamos ós que votamos e, logo, concentrámonos. Con todo o dereito do mundo, pero... repito, mellor manifestarse diante dunhas urnas, e non despois nas rúas. Que a estas alturas da nosa democracia xa deberiamos saber a quen hai que votar realmente. E se alguén ten dúbidas que vaia ós mitins, pero co subconsciente dicindo que todo o que vai escoitar é mentira. Eu non penso ir a ningún mitin. Porque xa sei a quen vou botar. Tamén sei que mentirán, pero menos cós outros, porque hai mentiras e mentiras. Tampouco penso ir a ningunha manifestación, porque, se se celebra algunha será, por suposto, por nosa culpa. Moito sentidiño, por favor.

O que non ten sentidiño ningún é o Donald Trump. Segue dálle que dálle co muro. E ata eu penso que o vai conseguir. Porque está veña que dálle e acabará aburrindo ós seus compatriotas ata o punto de que lle darán carta branca. Con tal de non oílo.

Sentidiño tamén deberían ter os donos das autoestradas da nosa Comunidade. Pero non o teñen. Ata para eles Galicia é o cu do mundo. Seica en diversas Autonomías hai rebaixas de peaxes menos neste lugar onde as costas perden o seu honesto nome, ou sexa, na nosa comunidade. O de ser os últimos monos, iso xa queda desfasado. É moito peor ser o cu do mundo. Somos o cu do mundo. E para corroborar a definición presentámonos ante as urnas e votamos como votamos. Ó mellor este ano, con novos partidos e novos políticos, cambia a cousa, imaxinamos. É un dicir, digo eu.

Do xuízo político ós presos políticos cataláns non falo. Que molesto. E deus me libre de molestar alguén! Co bo home que son. Co sentidiño que teño.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES