Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Coñecernos para falarnos ou falarnos para coñecernos?

miércoles, 20 de febrero de 2019
Fun ao cine a ver a película Green Book que protagonizan Mahershala Ali e Viggo Mortensen. Trátase dunha comedia na que un home branco se converte no asistente dun pianista negro. Todo isto no contexto dunha sociedade americana prexuizosa e racista. En primeiro lugar vemos que o ilímite persoal racha prexuízos e naturaliza a diferenza. En segundo lugar, vemos como o contacto tende a establecer relacións de igualdade.

Todo isto, fíxome cavilar e lembrar que cando eu andaba presentando O ilímite de pensarte libre, alá polo 2009, concretamente na librería Couceiro, David Couso, na súa intervención dixo algo así como: cando dúas persoas non se coñecen non se falan. Daquela, hai que establecer as condicións necesarias para coñecernos pero, quizais, unha destas condicións teña que ser naturalizar a diferenza baixo a óptica que todos pertencemos ao manto unísono da humanidade; entón, xurde aquela outra cita de Terencio que ficou como un proverbio latino e que di: nada do humano me é alleo. De acordo coa mesma, debemos ser capaces de falar para coñecernos; polo tanto, hai un paso previo ao contacto que é matar o medo, o medo ao diferente comparte espazo co medo a ser e impídenos acceder ao ben supremo da liberdade que nos garante a propiedade da nosa vida,
capacitándonos para construír.

Vencer o medo é acercarse á diferenza para coñecela e compartir con ela recursos e espazos. Vencer o medo é poboar a nosa realidade de múltiples perspectivas e procurar o desenvolvemento libre de todas as formas de vida. Vencer o medo é o verdadeiro escudo que protexe a nosa democracia de mísiles autoritarios e uniformadores que queren decretar novamente a noite do pensamento único.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES