Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A matanza do porco

lunes, 10 de diciembre de 2007
Bandeira patriótica de cantores radicais, de raiz, a matanza do porco é ceremonia multisecular no noso país, que estes dias se repite en milleiros de fogares, para propiciar que as pequenas economías teñan materia prima durante os fríos invernais para alimentar á familia sen tocarlle ó presuposto.

Todos somos devotos, crentes na máxima de que do porco se aproveita todo, dos seus infinitos sabores, da bondade da súa carne por moito que a vilipendien; da absoluta dependencia que os galegos teñen deste animal totémico que desde o San Martiño en diante rende o seu corazón ó coitelo da necesidade, da tradición, da supervivencia.

E nesto, que a estructura que funcionou durante séculos, corre perigo, atacada pola modernidade. A modernidade que impide comercializar queixos feitos na casa, a modernidade que non deixa destilar coas milenarias alquitaras, a modernidade que non quere que os cochos morran asasinados ó xeito tradicional, que non quere que morran na casa e teñan que acudir ós tanatorios dos animais para maior garantía sanitaria.

O intervencionismo da Administración non ten límites, e abarcados todos os ámbitos sociais, van aparecendo estes flecos que quedaban sen cubrir. Agora tócalle en Galicia á matanza do noso animal máis humano.

Habrerá que cumprir co que a norma dispoña, claro está. Pero procuren os administradores ir racionalizando os seus comportamentos para non apretar demasiado as clavixas que nos aferrollan. Porque coa legalidade hai que cumprir, e cumprirán boa parte dos administrados, pero haberá outra boa parte – e custa traballo criticalos- que irán por libre. E terán a sensación de que a carne dos cochos mesmo sabe mellor.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES