Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Paseo dos Soños non durmía

lunes, 18 de febrero de 2019
O Paseo dos Soños non durmía,
soñaba con terte,
soñaba con acariñarte,
soñaba con soñarte;
porque ti es o Río, Alfonso!,
porque ti es a Terra, Alfonso!
Río e terra,
auga e creación,
música e luz e literatura e poesía
mais tamén...
raíz fonda que atravesas o profundo
e chegas á penedía
para poñer os cimentos da Nosa Casa,
os alicerces da cultura,
que nesta paraxe leva a alma dos nosos adentros,
a alma da túa alma.

Adéntranos, Alfonso
e fainos teus nesta aperta de Valdi,
nesta comuñón que nos abrangue
e nos enche de catarse purificadora do noso.

Benvido sexas,
pulsión do Madalena
e do teu corazón comprometido e benfeitor.
Goldría do río que arrastras
sentimentos do profundo.

Benvido sexas e aínda así . . .
adéntranos nesta aperta, fainos teus, home xangal;
envísanos co teu saber na caeira dos días,
na antífona do teu vento,
no zunir destes ameneiros,
no alaudo cadencioso do noso río.

Benvido sexas, soñador de procuras.
O Paseo dos Soños, agora, caeu durmido,
soñando con terte,
soñando con acariñarte, creador dos soños,
soñando con soñarte
e non espertará dos seus trasgolos,
entrou nun letargo máxico de desexos,
nunha aperta infinda da natureza,
e toda vive, recrea e soña coa túa presenza.
Benvido sexas, Alfonso noso, noso Alfonso, nunha aperta, noso!


(Poema leído polo autor no Paseo dos Soños de Vilalba, o 9 de febreiro de 2019, na inauguración do Hectómetro Literario dedicado a Alfonso Blanco Torrado)
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES