Será para nós un pracer poder contar coa túa presenza o sábado 23 de febreiro ás 7 do serán na Escola Habaneira de Guitiriz para o acto de entrega de premios do
#CertameVilariñas2018
#HomenaxeAAlfonsoBlanco
#DíaDeRosalía
Contaremos coa participación do homenaxeado Alfonso Blanco Torrado, @s poetas Luz Campello, Branca Villar, María Pereira, Xelo Teijido, Fátima Fernández, Emilia M.Fuentes, Pilar Maseda, a recentemente galardoada co premio Galicia das Artes Luz Darriba, a cantautora Sandra Tenreiro, as
gañadoras Beatriz Dourado, Mila Villanueva e Cris Amoedo e as nenas Simona, Zeltia e Clara.

O acto será conducido polo poeta Moncho Bouzas, antigobcompknente do Batallón Literario da Costa da Morte e hoxe membro da NPG Nova Poesía Guitirica.
Alfonso Blanco será agasallado conbunha obra escultórica da poeta da NPG de Labrada Branca Villar e as gañadoras do Certame de micropoesía recibirán as figuriñas acreditativas realizadas a man pola artista Viki Rivadulla.
A NPG Nova Poesía Guitirica rinde así homenaxe poética ao mentor de Xose María Díaz Castro e de novos poetas chairegos na entrega dos premios inspirados no Vilariño dos Cregos e nesas "herbas pequerrechiñas" das que nos falaba o poeta...e que mellor día que aquel no que honramos tamén á grade Rosalía de Castro.
Así pois, sentiremonos honrad@s coa túa presenza e coa de quen te acompañe neste día cheo de encanto e poesía.