Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O alumnado Sénior de Padrón xa pode estudiar na UNED

jueves, 14 de febrero de 2019
Esta mañá tivo lugar a sinatura oficial do convenio da UNED A Coruña co Concello de Padrón e a Asociación Maisdetres para a realización de actividades de formación O alumnado Sénior de Padrón xa pode estudiar na UNEDenmarcadas no Proxecto UNED-Sénior

O alcalde de Padrón, D. Antonio Fernández Angueira, a presidenta da "Asociación para o desenvolvemento rural e labrego Maisdetres", Dª. Carme Freire Cruces e o director do Centro UNED A Coruña, D. Germán Carro Fernández, asinaron na mañá do 12 de febreiro un convenio destinado a que os estudantes da UNED Sénior da Coruña poidan desenvolver accións formativas neste concello.

Á sinatura do convenio tamén asistiron Lorena Couso Dopazo, concelleira de Cultura, Política Lingüística, Turismo, Comercio, Centro histórico, Mocidade e voluntariado, Igualdade e Muller e Información e comunicación de Padrón, e Luis Rodríguez Patiño, coordinador da UNED Sénior do Centro UNED da Coruña.

O convenio co Concello de Padrón supón a ampliación do espazo formativo destinado ao alumnado máis veterano do Centro, achegando a Universidade a zonas onde non ten habitualmente presenza. Coa suma deste concello, son 12 as localidades do ámbito rural onde os maiores de 55 anos poden desenvolver accións formativas no marco do Programa Sénior da UNED da Coruña. Neste momento os municipios que colaboradores son A Baña, Aranga, Boiro, Guitiriz, Irixoa, Lousame, Monfero, Paderne, Padrón, Porto do Son, Rianxo e Xermade.

O alumnado Sénior de Padrón xa pode estudiar na UNEDDurante a reunión, Antonio Fernández Angueira destacou o labor cultural do Concello de Padrón, non só por ser o berce de personaxes ilustres como Rosalía de Castro e Camilo José Cela, senón tamén pola súa implicación e interese na dinamización social, cultural e educativa dos seus habitantes. Carme Freire Cruces reafirmou a importancia deste concello, sinalando que pode ser un importante enclave para a dinamización rural da comarca do SAR en temáticas nas cales Padrón está a ter unha especial e innovadora relevancia como centro promotor da CAMELIA. Pola súa banda, Germán Carro Fernandez subliñou a importancia do programa Sénior xa que é un importante foco dinamizador da cultura que facilita a formación especializada para o alumnado máis veterano e achega a universidade á contorna rural.

As conversas levadas a cabo polas distintas institucións durante os últimos meses resultaron nun acordo que se materializará de inmediato. Tanto é así que as primeiras actividades da UNED Sénior neste concello serán:

Unha visita guiada o domingo 30 de marzo ás 12.30 horas na VI Exposición da Camelia, o Bonsai e as plantas de colección de Padrón, que se celebrará os vindeiros 30 e 31 de marzo no Convento do Carme.

A organización para o cuadrimestre de febreiro a maio do curso “CULTIVO E COIDADOS DA CAMELIA”, a celebrar no Centro Social de Padrón, con prácticas en leiras de camelias da comarca.

Aquelas persoas interesadas en participar pódense apuntar no concello de Padrón no teléfono 981811329 ou na Asociación MAISDETRES 686.78.38.00

Os obxectivos que ten o programa para maiores da UNED son, entre outros, ofrecer formación en temáticas de interese a persoas de máis de 55 anos, proporcionar coñecementos, aprendizaxes e estratexias para o desenvolvemento integral e a súa autonomía persoal, estimular a comunicación efectiva a través das relacións interpersoais e do encontro interxeracional ou favorecer o coñecemento da súa contorna cultural.

Coa suma de Padrón, tras a firma do acordo, fortalécese a oferta de estudos para este sector da sociedade que concluíu a súa vida laboral e que demanda un novo tipo de formación, actualizada e adaptada ás súas inquietudes e intereses culturais.
Rodriguez Patiño, Luis Ángel
Rodriguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES