Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 13 de febrero de 2019
A cegueira dos merengues

Estou alucinado co asunto de Benzema. Faime graza que a xente empece a descubrir agora a Benzema. Ata os propios periodistas deportivos, que se entende que Pingas de Orballoson uns profesionais, uns especialistas na materia deixen escapar agora ríos de tinta sobre o xogador francés. Cando desde o primeiro momento (si, desde que chegou ó Real Madrid), foi o mellor xogador que tivo. Para un servidor, por enriba do Modric e por enriba do Cristiano Ronaldo. E dío un servidor que é antimadridista. Non valía que lle explicaras ós fanáticos merengues de que Benzema non é un goleador (para iso tiñan ó portugués), de que é un xogador completo, técnico, inmenso, alucinante, cunha clase que este antimadridista levaba tempo sen ver. Prometo que non me estou subindo ó carro do seu momento actual. Teño ó fillo de testemuña, ó que lle predicaba ó oído unha e outra vez que Karim Benzema era e é o mellor xogador que tivestes e que tedes. Ó oído porque, no café, se te oía alguén ata te podía mirar de mala maneira. Porque non marcaba goles. Agora si, agora coma leva unha boa racha de goles, xa “case” é mellor có Cristiano Ronaldo. Este é certo que é un goleador nato, pero no Madrid marcou moitos grazas ás marabillas de Benzema. Triste que un antimadridista lle abra os ollos ós merengues.

Pobreza de espírito

Pobreza de espírito na observación dunha raza humana que ás veces está amorfa e outras demasiado espelida. Para elo, lánzome en paracaídas desde o Alto do Corno e Pingas de Orballodeixo que o vento me leve ata o infinito e máis alá, é dicir, ata a Chaira, onde aterro, con moita suavidade e cun sorriso non beizos. Penso para min mesmo que son un profesional. Son un profesional para todo. Son pau para calquera culler. Pobreza de espírito do meu pobre espírito. Porque alucino en colores ante os meus propios soños. Porque me sinto heroe sen capa nin espada, sen floco nin forza. Pero son o heroe dos tempos nos que a raza humana nin tose nin moxe, simplemente contempla e queda pensando nos biosbardos. Que bonitos son os biosbardos! Somos o espírito que dorme o soño dos xustos. De que xustos, oh, de que xustos? Quen estea libre de pecado, que tire o primeiro cantazo. Pobreza de espírito nunha ladaíña que quere dicir todo e non di nada. Quere que a raza humana se erga, se levante contra a forza infame, abxecta dun poder apoltronado e ruín, moi ruín. Pero aquí estou eu, pobre de espírito, para rebentar o universo infinito. Como un heroe que vai e vén pola galaxia e séntese perdido. Síntome perdido. Pobreza de espírito nun sentimento que quere salvar a raza humana. Non ten salvación.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES