Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Alfonso de Guitiriz

jueves, 14 de febrero de 2019
Coñecinte Alfonsiño aínda en Salamanca,
andei contigo Alfonso, por terras de Trasparga,
e es hoxe , máis que Alfonso, xa un río en Vilalba,
xa un regalo que flúe polas terras da chaira,
xa un don xermolado, un pobo xa en marcha:
agora es unha canle que vés chea de auga,
de mil pequenas fontes, de mil pingueiras claras,
para apagarnos sedes, de beleza e compaña.

O Alfonsiño e o Alfonso, van na cerna da alma,
e o don Alfonso agora, asoma cheo de graza,
es don porque es regalo, de entrega que agasalla,
de verba que promove apertas solidarias:
bendígote hoxe amigo, por ser luz ateigada
da presenza divina alentando esperanza,
porque es irmán de Cristo, e con el es palabra,
do amor de Deus misterio, fiel na vida e na fala.

(Texto leído en Vilalba, o 9 de febreiro de 2019, co gallo de erguerse no Paseo dos Soños un Hectómetro Literario na honra de Alfonso Blanco Torrado).
Miguélez, Xosé Antón
Miguélez, Xosé Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES