Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As criaturas merecen calidez no fogar

jueves, 14 de febrero de 2019
Hoxe é o día 14 de febreiro, o día de San Valentín: o patrón dos namorados.

Despois de moitas lendas e moitas historias relacionadas co tema, o Calendario Católico establece como día de San Valentín o 14 de febreiro.
Xa levamos celebrando esta festa CINCUENTA anos.

Os suficientes como para darlle a importancia que se merecen os namorados e o nacemento dun novo fogar.

Nese novo fogar, solidifícase a relación íntima coa chegada das criaturiñas que darán continuidade á especie humana.

As criaturas son a alegría da casa, son unha auténtica bendición que fai feliz a toda a familia.
As mamás e os papás poñen todo o seu corazonciño ó servizo dos seus pupilos e estes séntense SEGUROS, QUERIDOS E FELICES.

Os avós e os bisavós tamén gozan en extremo.
E se chegan a ver os tataranetos, moito máis.

Hoxe en día hai moitos bisavós e uns poucos menos tataravós.
Noutros tempos había familias moi numerosas.
“A cigoña traía moitas criaturiñas de París; pero coa subida dos pasaxes e as folgas das compañías aéreas, veñen moitas menos”.
Pero as que veñen, benvidas son.

Benvidas son na inmensa maioría das familias; pero hai algúns casos que non teñen tanta sorte.

Á VISTA ESTÁN AS QUE TEÑEN QUE COMPARTIR O TEMPO CO SEU PROXENITOR POR UNHA PARTE E A SÚA PROXENITORA POR OUTRA.
Estas criaturas, sofren sen ter por que.

OUTROS CASOS QUEDAN ORFOS POLAS ATROCIDADES DOS SEUS PAIS.
¡Canto deben sufrir!
¡Canto chorarán pola perda das súas mamás!

Tamén saltan á vista nos medios de comunicación social, os menores que teñen que abandoar os seus fogares porque neles hai moitos problemas, seguramente que de todo tipo.
¡Que noviños empezan a sufrir; cando deberían poder gozar da calidez dos fogares que os viron nacer!

AS PERSOAS QUE TIVEMOS A SORTE DE CRIARNOS NUN FOGAR CHEO DE CARIÑO, DE TENRURA E DE CALIDEZ HUMANA, MOI AFORTUNADOS FOMOS.

Pode que houbera estreitura económica, pero a calidez do fogar, superou con creces outras carencias.
Regalábannos moi poucos xoguetes, porque non había cartos.

Poñíannos a nosa imaxinación a traballar.
A nosa creatividade non podía facer vacacións.

As criaturas de hoxe en día teñen moitos, demasiados xoguetes.
A veces ata se aburren con eles.
Pero…
-¿TEÑEN TODA A CALIDEZ HUMANA QUE SE MERECEN?
En moitas ocasións, non.
De feito moitos o que queren é que os proxenitores lles dediquen tempo, que xoguen con eles, que lles fagan compañía.

-¿PODEN ESCOITAR CONTOS NO COLO DOS AVÓS?
A inmensa maioría, non. Ata os hai que non lles deixan visitalos.
¡Cantas vivencias e cantas ensinanazas se perden!
¡Canto sofren os avós!

Escoitan os contos a través dun artiluxio, pero falta o contacto humano coa avoa, co avó: o seu tono de voz, a súa dozura, as súas caricias, a súa mirada, a súa calidez humana, as súas ensinanzas…
Eso fáltalles.
Os artiluxios non sustitúen a calidez humana, nin moito menos.

-¿DISFRUTAN DA FAMILIA UNIDA?
Das que se manteñen unidas, si; pero menos do que precisan porque non teñen tempo para dedicarlles.

¿E as familias que están separadas?
Non me podo imaxinar como pode ser.

Como adultos deberíamos concienciarnos de que as criaturas merecen un fogar con calidez humana.
¡URXE RECUPERAR A CALIDEZ HUMANA NO FOGAR!

Un fogar sen calidez humana, non é un fogar.
Parécese máis ben a unha fonda.

“UNHA FONDA NON É UN FOGAR.”

Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES