A Alfonso Blanco Torrado
Fernández Abella, Xoán Xosé - miércoles, 13 de febrero de 2019
CO GALLO DO HECTÓMETRO LITERARIO QUE SE LLE ERGUE NO PASEO
DOS SOÑOS DE VILALBA O 9 DE FEBREIRO DE 2.019
Canteite cal veciño necesario
e hoxe meu canto é por gran chairego,
especial e facerte un gran galego,
grande exemplo tamén. Extraordinario!
Nobreza e ben son teu itinerario,
defensor de Galiza sen sosego.
Loitar pola xustiza, o teu emprego;
de quen sofre a inxustiza, solidario.
No Paseo dos Soños, merecido
Hectómetro á túa valía dedicado,
e que por Valdi foi ben esculpido.
Pola máis fonda admiración levado,
para ti este soneto, moi sentido,
pois que mereces, sempre, ser louvado.
Os Tilos, 8/Febreiro/2019
(Soneto lido polo seu autor no Paseo dos Soños no momento do descubrimento do Hectómetro Literario dedicado a Alfonso Blanco Torrado)
Fernández Abella, Xoán Xosé
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora