Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os irimegos menos considerados que unha espiña da coroa de Xesús de Nazaret

martes, 12 de febrero de 2019
Na revista IRIMIA nº 1001 , sí, sí, unha máis de mil!, se pregunta Luciano Pena “Quen está máis perto do Evanxeo , as 'santas' espiñas ou as 'santas' irimeas e irimegos?”.

O tema ven a conto da xuntanza que tiveron nos arrabaldos de Santiago (Vidán) o pasado 15 de decembro , un cento de persoas, para celebrar que unha revista de “crentes galegos” , nada no ano 1978, fose capaz de capear todos os ventos do mar, terra e institucións, e seguir bregando cara a fraternidade, xenerosidade e loita escrita, por manter os principios do Evanxeo de Jesus de Nazaret. Ese día, a pesares de estar “aos pés do apóstolo, da sé arcebispal de Galicia, non houbo arcebispo, nin cabido, nin curia que se achegase para traernos unha palabra de grazas, nin un xesto de ánimo”; cando “había tan só quince días que o Arcebispo asistira a un acto solemne na igrexa de san Domingos de Bonaval, para recibir en nome da Cofradía do Rosario unha espiña da coroa de Cristo, que lle deixara en herdo unha rica devota...”.

Non son eu ninguén importante en Irimia, se ben colaborei no seu momento, pero como profesional do campo da comunicación, recollezo o gran valor, dende o comezo, de ese sinxelo impreso, escrito en galego, que hay cuarenta anos, aquelas mais que ian vivir lonxe coas suas fillas, pedían que lles mandasen a revista para “sentirse perto do lugar que deixaran”. Houbo un tempo que se comentaba nas barberías, e se levaban ao balneario, e podían chegar onde os emigrados. Hai cuarenta ou trinta anos, as televisións, as carreteras, os coches, incluso a radio e con máis razón o internet, non chegaban a muitas poboacións ruráis de Galiza. Irimia, cumpríu o papel de levar as novas , ¡tan importantes! nunha etapa de cambio político y lexislativo, para que as leis, reglamentos e posiveis subsídios, fosen coñecidos polos cidadáns. Só por esa función feita de balde, ben se merecen unhas grazas os irimegos.

Pasou o tempo e a revista seguíu adiante. Cambiou a sociedade rural na nosa nacionalidade, e a comunicación e o internet chegan a case todos os núcleos de povoación. Hoxe, a xente do rural vive de xeito mui semellante, se non igual, que ao das cidades. A revista foise agiornando, foi capturando as novas sociedades, foi descubrindo novos problemas, e adaptándose á novas formas de comunicar, mantendo os mesmos valores e finalidades do Evanxeo de Xesús de Nazaret, eso sí, empregando os soportes e instrumentos novos basados na técnica dixital. Agora ben, loitan pola igualdade de sexos, por formar leitores livres, que traten de entender e argumentar sobre calquer tema que lles incumba, que se incorporen a todos os setores sociais, que ninguén opine por eles, que sexan críticos, que lean devagar para que non os manexe a propaganda e a publicidade, baseada na mentira e o sentimentalismo.

Ao ler Irimia, comprobamos que, non é só Luciano o que critica, esos rapaces, esas mozas que están na redacción, andan con pegada forte, polos camiños adecuados.

A revista IRIMIA terá futuro porque ten xente nova, porque souperon os idosos ir deixando o posto á xuventude, e porque non se apartaron das recomendacións do de Nazaret.

Pola parte dos mandos ou cargos eclesiales vemos que hibernaron hai anos e que cosificaron grande parte da actividade relixiosa. Siguen crendo que son inviolaveis, que posúen a verdade humana e divina, que o varón é superior á muller, que o sentimento debe primar frenta á razón, que todo o mundo debe seguilos sen crítica algunha, esquecendo que Xesús de Nazaret foi un home revolucionario, contestatario, apartado das riquezas, dos signos de poder.

Se imos ao caso concreto, o da “espiña santa”, o que vemos é que vai do ridículo ao supersticioso. Son formas de actuar do século dazaoito, se siguen así acabarán con toda a institución en cuanto morra o último vello das parroquias. É casi imposible atraer a un rapaz de hoxe falándolle de esos temas. O papa Francisco fixo algo importante tratando de arrastrar aos cardenais e outros a formas de comportamento do século XXI, pero hainos moi reacios, e muitos intereses de carácter crematístico, nada que ver con Xesús de Nazaret. Parece increible que non se den conta.

En fin, estamos a vivir días muy interesantes e peligrosos. A relixión católica, que deu ás monarquías europeas a estructura de poder vertical, teocrático, donde o rei tiña línea directa con deus, co seu deus claro. Eso desapareceu, pero a igrexa católica sigue coa mesma estructura vertical e dominio absoluto. Digo que os días son peligrosos porque a direita en España está propoñendo temas sociais que nos levan a retornar oitenta anos, e actúan tomando a parte polo todo, decindo que o que pensan eles é a verdade absoluta e que defenden todos os españois.

É moi difícil comprender a estes señores que se confesaron defensores dunha relixión concreta. O peor está en que non respentan as ideoloxías de outros grupos diferentes e pasan á violencia de palabra, ameazando sutilmente, de que se ven a necesidade, irán á violencia en mayor grado. A uns e a outros seguro que lles viña ben pasar unha temporada nas favelas, só para que se convenceran de que todos non viven igual, e miles e millóns de persoas sufren un inferno diario, habría que loitar para sacalos de alí e deixarse de estampiñas.
Cal, Rosa
Cal, Rosa


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES