Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Inversa teatro e a violencia machista

lunes, 11 de febrero de 2019
Só sei que nada sei. Iso é moi relativo. Ou non. Sei do maltrato, da violencia machista, pero quizais na realidade non saiba nada. Menos mal que o venres a compañía Inversa Teatro me amosou algo máis desde as táboas da Casa da Cultura de Barbadás. “Sofía e as Postsocráticas” é unha obra que che intenta abrir os ollos (e o consegue) sobre esa lacra que maioritariamente só sabemos polos xornais, pero que existe. E existe de verdade. Existe de tal maneira que as mortas case caen a diario e os acosos a cativos nos colexios segue á orde do día. Non obstante, e como reflectían na obra cun exemplo no que nos fixeron participar as tres actrices da representación, o maltrato e o acoso tamén dependen do ollo con que os queiramos ver.

Hai maltrato en certos silencios. Hai maltrato en todos os berros. Hai maltrato na culpa. A maltratada, a violada, a acosada, moitas veces, pasa a ser a culpada... por deixarse levar, por asomar ó principio un sorriso confiado, por unha ollada que provoca. Hai maltrato pola indiferenza do espectador, que ve e pecha os ollos ou mira para outro lado. Hai maltrato nunha ollada. Hai maltrato nunha simple palabra. Hai acoso nun xesto, nun ademán, nun sorriso burlón.

O 16 de xaneiro de 2016 (fixo xa tres anos) publicouse unha reportaxe miña sobre Inversa Teatro, que a remataba co seguinte parágrafo: “Paul Newman deixou unha frase para a eternidade: `Actuar é como baixar os pantalóns; expós a túa intimidade´. Marta Pérez expón en `Fémina Sapiens´, durante un longo cacho, toda a súa intimidade e representa aí, reflicte aí un carácter de actriz inmensa e de muller que che abre os ollos de admiración polo seu compromiso social. Espero con ansia unha nova produción súa”.

A nova produción chegou, por fin!, coa representación de “Sofía e as Postsocráticas”, aínda que, por esta vez, Marta Pérez estaba acompañada por María Roja e Silvia Penas. Aquí non expuxo a súa intimidade física, pero si nos amosou, nos amosaron toda a súa intimidade, interioridade mental. As tres, realmente inmensas e filosofando sobre un asunto que, aínda que moitos non o queiramos ver, está metido xa nas nosas entrañas. Inversa Teatro reflícteo perfectamente.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania