Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De Encrucillada para Alfonso Blanco Torrado

martes, 12 de febrero de 2019
Benquerido Alfonso,
que sorte terte
e terte coma irmán!

Que sorte contemplarte,
ao cerca e ao lonxe.
abrindo fraternidades longas
polas veas da xente e das parroquias
e apertándonos nelas!

Que sorte ser pobo ao teu carón,
e palpar na pel do corpo e da alma
os inmensos agarimos
do teu ser doce, forte e servidor!

Que sorte escoitar as túas palabras
sempre comúns e comunitarias,
sempre fundidas e refundidas
na humilde e marabillosa masa do Un,
da Unha eterna!

Que sorte poderte ollar
nos mil camiños da Chaira
cal outro Cristo peregrino dos soños,
alentado pola súa mesma paixón amorosa
cara a Deus e cara ao pobo fráxil!

Que sorte celebrarte
e celebrar en ti
o mellor do noso pobo liberado,
que levas nas túas entrañas debuxado!

Que sorte xa, para sempre,
poder buscar o teu nome no Paseo dos Soños,
bater co Hectómetro Literario que te lembra,
e gozar coa memoria de ti,
eternamente noso,
eternamente irmán!

Que sorte, meu Deus, que sorte!
Alboradas de gloria por ti,
Alfonso querido,
polo teu corpo esgotado,
de tanto ser,
de tanto amar,
de tanto servir!

Pero / que sorte terte / e terte coma irmán!

(Poema de Manuel Regal, co que Encrucillada se sumou á homenaxe a Alfonso Blanco Torrado o 9 de febriro de 2019, en Vilalba)
Regal, Manuel
Regal, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES