Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ao amigo e compañeiro Alfonso Blanco Torrado

lunes, 11 de febrero de 2019
Ao amigo e compañeiro, pero sobre todo ao noso Benquerido cura da miña parroquia natal de San Xiao de Roca.

Canto te queremos e canto nos queres! E iso mesmo poden dicir toda a Chaira e o mundo enteiro. Es o home que ten o corazón máis hipotecado en cada lugar do universo sideral.

Cando ninguén nos quixo acoller como parroquia, porque eramos pouquiña cousa, ti botaches man de nós:“Herba pequerrechiña que con medo sorrís ao sol que vai nacendo e morrendo sen ti, por que de ser pequeniña te me avergonzas ti? O universo sería máis pequeno senti!.” Aplicáchesnos esa profecía de Díaz Castro e ben que nos foi.

Rehabilitouse a nosa igrexa que estaba para virse abaixo. E ti, caladiñamente, xunto coa parroquia, fixeches que ese tal nonsucedese.

A Primeira edición do Festival de Cine de Roca, nacía en Xullo do 2014. Poderiamos nunca pensar?

Nesta última edición, os días 27 e 28 de xullo do 2018foi o FESTIVAL DE CINE DE MÚSICA DE ROCA.

O músico e escritor Mero Iglesias, o noso amigo Mero, foi o encargado de pregoar a quinta edición. A prestixiosa xornalista Cristina Pérez, tamén amiga, escribiu en El Progreso. “El inaugurou esta consolidada convocatoria organizada pola Asociación Cultural Xermolos, a cuxo quinto concurso de curtametraxes, que deben virar ao redor da temática musical, concorreron este ano ao redor de 150 creacións, chegadas de países tan dispares como Estados Unidos, Venezuela ou India, entre os que se seleccionaron doce obras entre as dúas categorías do certame”.

Pois aí segue cada ano!

Quen está silenciosamente detrás? Moitos. Pero quen foi e segue a ser a alma mater disto e de moito máis? O noso Alfonso Blanco Torrado.

Un fantasma percorre a nosa infinda Chaira!, diría Carlos Marx.

Non te nos deixes vencer polas limitacións da saúde. Precisamos de ti.
Grazas de corazón, Compañero del alma, compañero!, escribiu Miguel Hernández desde o cárcere.

Sabes que te queremos sinceramente.Ti fixécheste todo de Roca e os de Roca fixémonos totalmente de ti. Et ad multos annos vivas! Et sempre nobiscum vivas!

Moitos bicos. Sinto non poder estar presente na túa homenaxe.

hoxe contigo.
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES