Unha canción de La Soberana
F. Guitián, Luis - viernes, 07 de diciembre de 2007
No Balcón do Sil: Unha canción de La Soberana
Hai momentos da infancia que nos quedan gravados para sempre na memoria, e que veñen o noso maxin con asiduidade. Trátase ás veces de cousas insignificantes pero curiosas que permanecen en nós coa frescura do momento vividas. O caso é que recentemente durante a cea anual de socios da Cooperativa Lemos tiven de compañeiro de mesa entre outros a Roberto Dalama, un home natural de Toldaos e veciño de Mañente na actualidade; ten unha mirada pícara e todo nel é humor e bondade. Cando a cea ía xa algo avanzada e dentro da nosa amena conversación, mentras tocaba a charanga Terras do Bibei de Trives, ó amigo Roberto veulle á memoria un momento que vivira de neno na festa da súa parroquia natal e durante unha actuación da orquestra La Soberana, con Hito -Dario Fernández López- de animador e acordeonista. Dixome Roberto que con moita frecuencia e cada vez que vai a unha festa e comenza a música da orquestra venlle á mente a música e a letra dunha canción que escoitou somentes un día e que mantén no seu cerebro como se fose o máis avanzado e sofisticado aparato de gravación. Este venres cantoume a canción un par de veces e quero transcribir a letra por que verdadeiramente é curiosa; a primeira estrofa dinos asi: a una boda que fui yo/ hicieron una tortilla/ con mil piedras de mechero/ y ruedas de carretilla. / A segunda estrofa ainda é moito máis pandiga, se ben haberá quen diga que é machista; e a seguinte: quisiera tener la dicha/ la dicha que el gallo tiene/ de tener tantas gallinas/ y a ninguna las mantiene.
Estou seguro de que esta e outras cancións que interpretaba La Soberana nas súas actuacións, eran letras creación do propio Hito, con melodías de cancións populares.
Sen dubida é unha sorte vivir de cando en vez casualidades como a do pasado venres e de topar tamen con homes como Roberto Dalama que conservan gravadas esas cousas que parecen insignificantes pero que posiblemente se non fora asi quedarian perdidas para sempre. Por certo durante a cea dos cooperativistas case estabamos vivindo un programa de Luar; entre outras coincidencias era Venres a noite e a maioría dos 700 comensais que participaron na xornada vivian a actuación da charanga Terras do Bibei e a do duo Maritxel como se aquello fora o programa estrela da TVG que de non estar ali estarian vendo pola pequena pantalla, somentes faltaba o Gayoso para facer a chamada telefonica. Cada vez voume convenzendo máis de que Luar ten unha audiencia fiel; a vida é así, e o programa segue a manterse en pantalla, prácticamente sen variacións dende as suas primeiras emisions a pesares dos cambios politicos, da chegada das novas tecnoloxias ou da competencia televisiva.

F. Guitián, Luis
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora