Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

21 puntos

sábado, 09 de febrero de 2019
Hai uns días dediquei esta columna a reflexionar sobre unha actividade que promove a Secretaría Xeral de Política Lingüística e que está destinada a concienciar á xente nova para que non utilicen a nosa lingua soamente no ámbito da docencia, senón que a usen no día a día, para falar cos amigos fóra do ámbito escolar, para utilizalo na casa cos seus familiares e mesmo nos intres de ocio, porque, como tal ferramenta comunicativa, serve para todo iso e non só para estudar unha material máis de entre as moitas que estudan ó longo de toda a formación secundaria.

A clave do programa estaba no compromiso de utilizalo 21 días ó longo das 24 horas do día, agas, loxicamente, as que estiveran durmindo.

Naquel intre descoñecía a razón pola que os mentores da iniciativa elixiran 21 días e non un mes completo, por exemplo.

Pero agora, gracias ó propio Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García -que mo explicou con todo luxo de detalles-, xa o sei para compartilo con vostede, coa mesma literalidade que el mesmo mo trasladou.

Polo visto, -póñoo entre comiñas, porque así foi como mo fixo chegar- "no ano 1887, William James, pai da psicoloxía científica, escribiu un artigo titulado 'O hábito' no que expoñía a enorme plasticidade cerebral e como son necesarios 21 días para a formación dun novo hábito. Ese dato foi perdurando ao longo dos anos, de xeito que se converteu practicamente nunha verdade incuestionable por toda a comunidade científica, e agora aplicámosllo ao hábito de comezar a falar galego".

É dicir, que o número 21 pasa por ser un código cabalístico realmente interesante.
Será por iso, entón, polo que o presidente da Generalitat lle trasladou ó presidente do Goberno 21 puntos e non 210, nin 2.100, co fin de promover "un pacte d'Estat per solucionar el conflicte entre Espanya y Catalunya".

Vinte e un puntos que pasaron de seren completamente irrelevantes para algúns ministros do Goberno de Sánchez a provocaren un auténtico terremoto interno no seo do partido que o sostén, agora que se sabe que algún deles -o do famoso relator- xa foi aceptado polo señor presidente, en versión, loxicamente, do seu alter-ego feminino, Carmen Calvo.

Pouco antes de me poñer a escribir, alguén -xa non sei quen- dixo que a razón que sustentaba a presenza dun "árbitro" tiña que ver coa desconfianza entre os partidos e co fin de evitar que o que se dixera en privado fose o mesmo que logo ó público.

E digo eu. Visto o visto, non sería mellor, entón, que as reunións fosen públicas e así a opinión pública no precisaría un transcriptor, senón que as podería seguir en vivo e en directo?
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES