Máis forza en Madrid
Editorial - viernes, 07 de diciembre de 2007
Quintana séntese crecido despois da victoria madrileña obtida por un puñado de votos en apoio da ministra das infraestructuras, que lle deparou beneficios non agardados desde o punto de vista político e, para Galicia, no económico.
Agora ven de presentar a pre campaña electoral que vai proclamar a necesidade que a súa forza política ten de conseguir máis forza en Madrid, en base ós votos que os galegos decidamos darlle na próxima confrontación electoral.
Que distinto e que distante aquel Bloque de hai anos que, alleo ó poder, pronunciábase en desmesuras, falaba de navalladas á terra, e tiraba contra todo o que se movía. Este Bloque, afortunadamente centrado, é unha forza imprescindible nesta Galicia democrática que precisa dos nacionalistas como conciencia social e histórica, como unha forza que de non existir habería que crear.
O paso do Bng polo poder, na Xunta, nas Deputacións, nos concellos, normaliza unha situación e sitúaos no disparadeiro hacia algo que eles consideran máis importante e os galegos decidiremos dentro de tres meses.
O paso que xa deron é de xigante. Este ano que remata foi un bo ano para o Bng. Se os galegos lle damos máis forza en Madrid en marzo, o 2008 aínda vai ser para eles moito mellor.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora