Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 08 de febrero de 2019
Botei de menos a Luis Tosar

Cando nomearon na gala dos Goya ó actor galego Luis Zahera recoñezo que berrei coma cando a Celta mete un deses goles tan necesitados. Luis Zahera hai moito tempo xa que se merece un premio dos grandes. Pero onte botei de menos a Luis Tosar. Porque onte, entre tanta representación galega como houbo este ano nos premios do Cabezón, non se escoitou unha palabra en galego. Ata tiven envexa de Antonio de la Torre reivindicando a súa Andalucía natal. Segue dándonos corte falar en galego do Padornelo para alá. Sempre nos deu apuro. Onde estás, Luis Tosar! Polo demais, a gala Pingas de Orballotivo os seus momentos emocionantes. Eu, persoalmente, destaco o momento da homenaxe a Chicho Ibáñez Serrador, con grandes directores no escenario. Así mesmo, emocionante empezou sendo o discurso de Jesús Vidal, pero axiña se converteu nun grazas tan repetitivo e tan longo que non quedou outra que esquecerme das primeiras emocións. Este segue a ser o gran problema destes premios: os agradecementos. Non acaban nunca. Son sempre os mesmos. Non hai orixinalidade. E cando empeza a haber algunha, algúns esténdena ata o infinito e máis alá. A gala deste ano, a min, resultoume aburrida, fóra incluso da carraxe galeguista esa. Ai si, un punto a favor: descubrín a Rosalía.

Entre os nichos da canción

Alguén me dixo unha vez que un verso que se alonga poida que non teña fin. Tamén é verdade que un verso longo pode ser un infortunio. Como un asubío dentro dunha igrexa ou por entre os nichos dun cemiterio. Non obstante, non habería mellor lugar para un concerto labial: todo sería silencio. E a música, calquera música, como mellor penetra, é en silencio. Alguén me dixo unha vez que o niño dunha anduriña era como o anel de Saturno. Non sei que pinta Saturno aquí, repliqueille. O mesmo que pinta no universo: nada. O que nada non afonda. A cousa xa empezaba a pasar da raia. Nin os comentarios semellaban apropiados e moito menos as preguntas ou respostas. Estabamos a embarullar o asunto alguén e máis eu. Teñamos a festa en paz, berrounos a pobre anduriña. Quedamos pampos, claro. Ese alguén colleu un libro de poesías e púxose a recitar sobre os intervalos das fases da lúa. Eu collín un simple poema, mirei para a anduriña e nos seus ollos vin pura poesía. Para que recitar entón! Quedei en silencio e moi devagariño marchei para o cemiterio. Alí, sen importarme os mortos daquel verán, asubiei un requiescat in pace pola alma dos que nunca compuxeron unha canción, dos que nunca escribiron uns versos. Alguén marchou sen facer ruído e eu soñei entre os nichos da canción.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES