Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A derradeira lección do mestre

viernes, 08 de febrero de 2019
Hai uns días visitei por primeira vez, e moito me temo que por última, a exposición Castelao Maxistral ná Cidade da Cultura no Monte Gaiás de Santiago.

Quixen visitar a exposición Castelao Maxistral e ver o cadro “A derradeira lección do mestre” de Castelao traído de Arxentina antes de que regrese de novo ó Centro Galicia de Bos Aires.

O presidente da Xunta emocionouse na presentación desta obra traída dende Arxentina. Un óleo que Alfonso Rodríguez Castelao pintou para denunciar os crímenes que en España estaban cometendo un grupo de asesiños. O discurso de inauguración foi infumable e vergoñento. Recurreu a mil subterfuxios para tapar a realidade: que persoas coma él foron os responsables de desterros como o de Castelao e de milleiros de mortes como a de Alexandre Bóveda, o mestre fusilado.

Namais entrar na Cidade da Cultura puido percibir que todo aquelo se reduce a un mausoleo persoal. Ó egocentrismo dun gobernante franquista que non dubidou en enterrar moreas de cartos (e donde se seguen enterrando) ó tempo que sectores como a agricultura, gandeiría ou pesca languidecen por falta de axudas. Mentres os galegos emigran para non morrer de fame, Fraga construe unha obra faraónica para acementarse na posteridad.

Vin os edificios recubertos de pedra traída de Brasil a precio de ouro mentras as nosas canteiras están cheas de toxos. Acordeime dun empresario de recubrimentos de edificios que, xunto co patrón do Bribón de su majestad El Rei, recibiron a medalla Castelao de prata de mans do propio Manuel Fraga. Ese mesmo ano as familias dos falecidos no accidente da fragata noruega “Roal Amundsen” recibíronas de cobre.

A exposición de Castelao é un oasis no medio de aquel despropósito. Encaixaría mellor nun pequeno local de calquer rúa de Santiago. Pero hai que buscarlle excusa ós centos de ferrados do monte da ignonimia.

A morte do profesor foi a derradeira lección para aqueles dous nenos.
O exilio de Castelao debería de selo para todos nós. De momento, este domingo so vin visitantes absortos no colorido da pedra brasileña e na grandiosidade da obra. A nadie parece importar que o noso galego máis ilustre fique no bandullo dun monstruo secuestrado polos verdugos do mestre.
Maceira, Francisco
Maceira, Francisco


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES