Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O corazón quente da cidade

viernes, 08 de febrero de 2019
'O aire da cidade fainos libres', exclamaban esperanzados os que lograban escapar da férrea servidume dos señores. Velaquí agora un espazo de liberdade e de convivencia, onde se concentra demografía y economía, onde se moven as ideas, onde o que comparte enriquece.

E iso que agora, grazas ás redes, a cidade é moito máis ancha e moitísimo máis estensa que o que di a xeografía.

Da mesma maneira que os rumientes teñen varios estómagos para procesar os alimentos, as cidades teñen varios corazóns onde late a cidadanía e se procesan os valores cívicos. O máis evidente é o das rúas e prazas, onde circula, remansa, tropeza, fala e se move o sangue cidadán.

Hai outros pequenos corazóns de silencio en igrexas e museos, onde todo se apacigua, onde cadaquén enfróntase aos seus propios espellos. Pero o corazón quente da cidade éche a biblioteca pública. As bibliotecas públicas.

O enorme escritor galego Manolo Rivas, que converte en ouro todo o que escribe, di que os libros e non as pantallas, as bibliotecas e non internet, son o corazón da escola. E dos institutos. E de cada facultade. As bibliotecas son o corazón quente das cidades.
Naturalmente, todo a favor e nada contra as pantallas, ordenadores e smartphones. Nada en contra das novas tecnoloxías... ata que se converten en patoloxías. España vén de incluír a adicción dos menores a internet na súa estratexia de loita contra a drogadicción. Un da cada cinco adolescentes, e adultescentes, usa compulsivamente a red. Esa patoloxía é imposible de atopar nas biblitecas, máis ben alí está a vacina.

A gran revolución pedagóxica, di Rivas, é colocar a biblioteca no centro xeográfico de cada escola e instituto. A máis fermosa revolución cívica e educativa é poñer bibliotecas nos embigos da cidade, o centro, os barrios. O reitor español da universidade de Virginia vén de declarar que ningunha sociedade fracasou nunca por ter educado demasiado. Por ter lido moito.

Escolas, universidades, institutos son espazos conquistados e colonizados polas novas tecnoloxías. Semella que o soño dos responsables educativos é colocar diante dos ollos de cada alumno, de cada cidadán unha táblet, un móbil, cando o que realmente activa e fai ferver os miolos é o manexo do dicionario, os clásicos que permanecen, as bibliotecas como espazo conspirativo contra o poder, a lectura de libros onde se enfrontan dúas soidades, a do autor e a do escritor.

As escolas, claro, non son xardíns de infancia, ni os institutos garderías revoltosas: son espazos de convivencia, de crecer rozándose, de compartir para enriquecerse, desa taracea do aprendizaxe onde traballan artasanalmente alumnos e mestres. Alí, na biblioteca respira o cerebro o aroma dos libros, esa droga sana e necesaria para activar as neuronas, onde están latentes todas as revoluciones pendentes que tanto molestan ao poder.

Na biblioteca. En silencio. No corazón quente da escola. Nos corazóns quentes das cidades.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES