Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A nefasta xestión de Feijóo

jueves, 07 de febrero de 2019
Calquer observador da vida cotidián galega sabe que o teimado Feijoo non é máis que un globo de feira, e que a súa incompetencia é tal que merca- ou al menos trata-tódalas voces críticas coa súa política. E para iso só chega con vela prensa galega, dócil e servil, noxentamente pesebril, e que sobrevive a base de subvencións.

E se non chegara con iso, descalifica ó adversario con argumentos tan peregríns como chamarlles bolivarianos ou cousas parellas. Resulta obvio que o amigo de Marcial Dorado é o producto típico fillo do incensario de Manoliño Fraga na mellor tradición caciquil galega. Sigue sen facer nada por revertir a situación de postración de Galicia e veña festas do pulpo. Iso sí, presume entre os da súa corda de ser un gran xestor e, non embargantes, nega as evidencias coma a nefasta xestión da menciña galega.

Podría contarlles eu, que de cando en cando o sufro, como me dixeron que para facer un análisis tardaban un mes como mínimo; como a médico de desplazados só me deu unha receta porque non podía dar máis nun día; como morreu miña curmá, que ía ser operada de prótese de cadeira, e seccionáronlle a femoral; de como a uns amigos cambiáronlles a quimio e morreron. Din que os cambios son para aforrrar costes. Ou como unha xestora dun Hospital dicía, sen caerlle a cara de vergoña, que se unha menciña non funcionaba, cambeábase. Se se trata de aforrar costes, debemos despedir á xestora e ao mesmo Feijoo e seguramente naide os botará de menos.

Pero a máis diso, do que podemos falar moreas, resulta patético que non emprenderá unha política encamiñada a evitala sangría da emigración da xuventude e resignarse-eso dáselles moi ben- a crear xeriátricos da corda- é dicir de fondos buitres-onde “aparcar” ós vellos que non protestan, aínda que lles rouben todo o patrimonio. Estamos ata o carallo de que digades:“isto é o que hai”, Flaustista dos raposos.

Agora van e din os de Vox que é nacionalista. Si, señor, nacionalista de Franco, dos que permitides que todo o presuposto, outras mil veces máis, sexa invertido na “Cataluña mártir e incomprendida”- non me fagas rir- e olvidades as corredoiras nosas ás que chamades carreteiras.Sí, es nacionalista dos que sempre estades dispostos a sacrificar a inversión, que algunas veces debera correspondernos, e sempre, levados do voso escaso empuxe e incapacidade, renunciades a il en aras dunha, dicides, maior xustiza social. Eso está moi ben para que llo contes aos teus amigos na trena, e os que aínda quedan, por roubar na sacrosanta saca da Facenda pública, pero a nosoutros, os que vos coñocemos, non. Avisa ós teus amigos para o Antroido: ¡Os chourizos cócense na dereita!

¿Falamos da industrialización de Galicia? Non, non te rías, que xa sabemos que temos descampados semiurbanizados en cada concello. Igoal que antes fixerades os centros de desenrolo económico e de creación de empresas ¿creachedes algunha? Hoxe os edificios, case abandoados, son pombales. Pois ben, os polígonos industriais están a dar herba. Gran capacidade de xestión. Galicia calidade.

E para hoxe paro, que logo virás cós mitines ós concellos e negarás que Portos, Augas de Galicia e outros organismos dos que gozas non se adican a practicar o acoso e derribo dos concellos que non gobernas… e aplaudiranche ises miserentos que enchufaron o fillo na Xunta e outros feligreses da miseria. E tamén isa burguesía ilustrada da Voz de Galicia. Así nos vai.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES