Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O perdón é unha boa ferramenta

jueves, 07 de febrero de 2019
Querendo o usen querer; entre as persoas que teñenunha relación máisou menos estreita, sempre se comete alguna ofensa.

Normalmente pedimos perdón por cousas moi pequenas, moitas veces por cousas insignificantes.

Estas pequenas “ofensas involuntarias” son moi doadas de perdoar, porque realmente non teñen importancia.

Cando a ofensa é “MAIÚSCULA” a cousa cambia moito.
E según quen a faga, aínda máis.
Cando alguén nos toca “AS FIBRAS DA ALMA” cunha ofensa intencionada e cargada de MALDADE; temos varias opcións:

-A primeira que se nos ocorre é cortar con esa persoa que tanto sufrimento nos producíu.
-A segunda pode ser o que vulgarmente chamamos: “poñer terra por medio”, “gardar distancia” e aparentar que non pasou nada.
-A terceira, a máis difícil; pero A AUTÉNTICA. É: O PERDÓN.

O perdón é algo moi difícil porque:

“Disculpar a outra persoa por unha acción considerada como ofensa, renunciando eventualmente a vingarse ou reclamar un xusto castigo ou a restitución; optando por non ter en conta a ofensa no futuro, de xeito que as relacións entre o ofensor perdoado e o perdoante non queden máis ou menos afectadas”.

Á infancia, na súa tenra idade, resúltalle moi doado perdoar.
Os nenos pequenos son moi exemplares á hora de perdoar:
Enfádanse, fan as paces cunha aperta e volven a ser amigos.

VOLVEN A SER AMIGOS PORQUE CONSIDERAN MÁIS IMPORTANTE AS BOAS
RELACIÓNS QUE A OFENSA.

Cando se trata de persoas adultas, resulta moito máis difícil.
Moitas veces temos intención de perdoar e perdoamos aparentemente; pero no fondo da nosa alma queda un resquicio que nos di que as cousas non volven a ser igual.
Perdoamos, pero non esquecemos.

A nosa memoria non deixa esquecerse facilmente cando alguén nos fire moito.
Con todo: O MELLOR QUE PODEMOS FACER É PERDOAR.

Perdoar sobre todo ás persoas máis próximas.

-¿Qué pasaría se os esposos non se perdoaran recíprocamente tantas veces como faga falta?
-Deixaían de ser esposos, como vén sucedendo a miúdo nestes tempos.
Deixarían de ser esposos e a familia saltaría polos aires.
Así imos mal.
Esa non é a solución.

Os membros dunha familia, os que viven baixo un mesmo teito, deben perdoarse moito, moito.
PORQUE OS LAZOS DE FAMILIA DEBEN SER MOI FORTES PARA PODER PERMANECER UNIDOS DURANTE TODA UNHA VIDA.

Hoxe en día necesitamos moito perdón, sobre todo no fogar, para poder construír ese mundo feliz que desexamos para todos.

PARA PERDOAR HAI QUE TER MOITA HUMILDADE.

Hai que recoñecer que todos temos moitos fallos aínda que non vexamos os propios.

Debemos recuperar a humildade e a paciencia para poder perdoar.
Con soberbia e prepotencia, o perdón non ten lugar.
Paciencia e aguante é algo q0ue temos esquecido os desta xeración.

Os nosos antepasados tiveron moita paciencia e moito aguante para non tirar pola borda a unidade familiar.
Perdoaron moito, moito.
Se non se perdoaran moito; a nosa vida sería moi diferente:moito peor.

Se non se perdoaran, nós non teríamos oportunidade de perdoar. Non aprenderíamos a perdoar.

O perdón é unha ferramenta moi importante, que está ó alcance de todos e non costa cartos.

O PERDÓN OFRÉCESE GRATUITAMENTE.

Do mesmo xeito que outros se esforzaron en darnos un ambiente cálido e cariñoso no fogar que nos viu medrar; eso mesmo temos que facer cos que veñen detrás.

As criaturiñas son seres inocentes que merecen eso e moito máis.

Elas non teñen culpa dos problemas dos adultos.
AS CRIATURAS MERECEN CALIDEZ NO FOGAR.

Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por canto deixa perdoado.
Non se esqueza de seguilo facendo.
Hai moita máis ganancia en perdoar que en odiar.
Moitas grazas, tamén por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES