Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Gobernantes ou fogueteiros?

viernes, 07 de diciembre de 2007
A obsesiva debilidade dos políticos por sair nos medios de comunicación fai que aquéles, de tempo en tempo, aparezan nos mesmos protagonizando algunhas novas que non parecen ter outro obxetivo mais que o sinalado, posto que a noticia quédase no enunciado e nunca se ve materializada: son os fogueteiros dunha festa na que non soa outra música que o estoupido dos foguetes, nin outras luminarias que non sexan as dos fogos de artificio; e ó remate, todos para a casa, que esto acabou.
Tal conducta, por habitual, fíxose norma e os nosos rexedores municipais, principais actores desta comedia fraudulenta e inacabada, queiman toda a pólvora nunha perorata tan demagóxica como estéril, propiciada por un narcisismo político carente de todo rigor e de todo compromiso coherente coa sociedade.
Canto antecede fica rexistrado nas hemerotecas; e se non, vexan:
Un “consorcio” se hará cargo de la promoción turística de A Mariña” (5-3-04).
“La Mancomunidad zanjará deudas y se pondrá al día en seis meses” (1-6-04).
“Los ayuntamientos ultiman una “asociación” de desarrollo turístico” (23-12-04).
“Los concellos prometen agilizar la “asociación mariñana de turismo” (7-10-05).
“La creación de una asociación con empresarios y concellos facilitará la llegada de turistas” (29-1-05).
“A Mariña y el Occidente astur se unen para la desestacionalización turística” (12-2-05)
“Ayuntamientos harán un “consorcio” para el plan turístico “Cantábrico Occidental” (30-4-05).
“La comarca ya tiene un “consorcio” para desarrollar el turismo. La entidad funcionará cuando los 16 concellos implicados aprueben los estatutos”. (7-5-05). É decir, nunca, engadimos nós.
“Viveiro, Ribadeo y Foz potenciarán el sector en el occidente astur” (7-10-05).
“Los concellos mariñanos quieren dar un nuevo impulso a la promoción turística” (18-7-07).
Pura pirotecnia. Nada de canto proclamaron os fogueteiros se levou á práctica; pero, eso sí, o sistema debe resultar para outros fins, porque seguen nas mesmas: o xornal do 31-10-07 ofrecía información sobre unha xuntanza dos concellos para tratar de costear o bus ós estudantes que se moven pola Mariña, e como ampliación á mesma algúns rexedores apuntan a posibilidade de crear un foro de debate permanente dende o que plantexar a unión da comarca para reclamar melloras de infraestructuras, unha maior promoción turística e outros servicios. Pero, señores edís ¿non son ésas precisamente as funcións asignadas á Mancomunidade de Concellos da Mariña? ¿Por qué non se deixan de exhibicións pirotécnicas e se ponen a traballar?. E se de verdade queren facelo ¿por qué non activan o órgano inoperante da devandita Mancomunidade, o que resultaría mais racional, e mais operativo, posto que está xurídicamente instituído dende hai moitos anos, e non falta mais que, coma Lázaro, decirlle: “levántate e anda”? ¿A santo de qué sair cun novo, se non sabemos qué facer co que xa temos?
Pero é evidente que os nosos rexedores non están polo labor nen tampouco son quén de actuar coa mentalidade solidaria necesaria para levar a cabo as accións conxuntas da tarefa común. Os políticos do noso contorno, carentes de altura de miras, viven unha éxtase permanente, contemplando o seu ombligo persoal e partidista, á procura do voto inmediato, e o clima de “codialidade” e tolerancia entre eles non é precisamente o mais axeitado. O xornal do 18-7-07 di que o concello de Viveiro, que abona puntualmente a súa cuota para a promoción turística (Fitur), en nada participa da mesma, e vai por libre; é decir, non quere saber ren da tan cacarexada, e nunca consumada unión; mentamos este caso porque saíu á luz, pero seguro que hai outros que nen sequera aportan a súa cuota. ¿Gobernantes ou fogueteiros?
Xa o dixera o pintor Laxeiro: “¡qué terra mais fermosa… pero qué carallo de xente!”.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES