Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 06 de febrero de 2019
Odio as comparacións!

Somos moi amigos de facer comparacións. Odio as comparacións! Incluso as odiaba cando as dicía miña nai. Esta sempre me andaba coa ladaíña de... mira como o teu amigo fai isto ou aquilo. Vale, moi ben; pero eu fago outras cousas que non fai o meu amigo. Ás veces, de mala maneira, lle contestaba que o meu amigo chamábase como se chamaba, mentres que eu chámome Chito e punto. Odio as comparacións! Moitos comparan a mineiros e gardas civís e sanitarios e diversos oficios de carácter social cos futbolistas, co que ganan os futbolistas e co traballo que fan, que representan. Pingas de OrballoCada un ten o seu cometido e punto. Cada un debe de saber para que vale. Un sanitario salva vidas. Ó mellor un futbolista tamén. Ó mellor un futbolista enche de tal felicidade a un afeccionado, a un neno que non enferman nunca. Porque esa alegría que desbordan dálles ás. Ó mellor uns futbolistas fan partidos de homenaxes por tal ou cal colectivo. Os políticos tamén son moi amigos de cotexar. Que se en Francia tal, que se en Portugal cal, que se en Venezuela, que se en Xapón ou Alemaña... En Alemaña pasará algo que non pasa en España e viceversa. Se eu son parvo, por que ten que ser parvo Nicomedes, o fillo da Pinchorra. Pobre rapaz!

Finca Fierro. Luns, 28 de xaneiro de 2019

Máis sagradas que na India!

A incongruencia do ser humano é bestial. O asunto vai de bestas. Aínda que, pregunto: quen é máis besta, o ser humano ou a propia besta? Seguro que ó remate do relato diredes que o ser humano. Algúns condutores ou seres humanos avisaron á Garda Civil de que pola estrada seica andaban vacas soltas. Moi ben. Pero aí vai a incongruencia: eses condutores ou seres humanos estou por apostar que se se atopan en Asturias, por exemplo, e se encontran con vacas polas estradas (que as hai a moreas), ínchanse a facerse fotos ou autorretratos. Verdade que si?. Falo claro: as vacas teñen todo o dereito do mundo a andar por onde queiran. Porque elas estaban moito antes cos coches. E así pasa con todos os animais. Estamos a botalos fóra do seu medio. Cada vez hai máis estradas. Cada vez hai máis incendios. Cada vez hai máis cortas de leña. Cada vez rabuñamos máis e máis nos seus ecosistemas. Despois chega outra incongruencia: ai canto botamos de menos esas especies que se extinguiron! Sigo co asunto das vacas... precisamente en Galicia avisamos á Garda Civil por culpa dunhas vacas! Elas, precisamente elas, tiñan que ser aínda máis sagradas que na India! Foron as que sostiveron sempre este noso pobre país! A nós si que nos tiñan que botar deste hábitat e mandarnos ó cabo do mundo ou ó lado escuro da lúa.

Baixo a sombra do silencio

Teño sede. Bebo un vaso de auga. Cando hai sede hai que beber. Cando hai sono hai que durmir. E cando vai un paxaro voando, hai que mirar para el. Cando soa a trompeta de Chet Baker hai que escoitala e calar. Hai músicas que son a sombra do silencio. Raño o ollo esquerdo porque me proe. Máis seguro que sexa polo sono. Pero... vaiche boa!; aínda penso ver unha película á unha da noite. É que mañá seica hai alerta laranxa por temporal. Como ó rapaz lle suspenderon o instituto, eu tamén aproveitei e Pingas de Orballopedín o día. O que significa que non madrugo. O que quere dicir que me deitarei tarde. A non ser que a película sexa moi pero que moi mala. Cando algo, calquera cousa é mala, o mellor é deixala de lado. Claro que se ó lado só hai mingalla, pois haberá que seguir vendo o que non ten moito que ver. Menos dá unha pedra. Unha pedra pódeche dar un bo cantazo, iso si. Vangelis fai que a miña imaxinación viaxe polo espazo sideral dunha fantasía. Cando un desexa de corazón viaxar polo universo infinito, todo se lle volve cósmico, doutra dimensión. Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras, vexo que aínda estás aquí. Rosalía sempre me asombrou. Sorrío cara á miña sombra.

Duelo a morte

Punto de cruz na tela dun descosido e piñeiro seco moi lonxe dun río. Ando de paseo por entre as toxeiras dunha poula perdida entre os parágrafos dunha novela. Sempre imaxinei unha historia de fantasmas ás doce do mediodía e sempre me vin sentado no mazadoiro da burga ás sete da tarde. Logo dun descanso fun cara á Pillamadoira para manter alí un duelo entre fusco e fusco coa artistiña da película. Deixei que Clint Eastwood se puxera cara o sol. Ladeei o sombreiro e estivemos á espera de que chegara don Ennio Morricone para que lle puxese música ó duelo a morte no lameiro do Sandiós. Na espera, un servidor rezáballe ós santos inocentes porque o revólver de Eastwood é moito máis rápido có rifle de John Wayne. Sempre lle tiven medo ó rifle de John Wayne. Punto de cruz na alforxa da sela do cabalo. Do cabalo de Clint Eastwood. A miña economía só alcanza para un pobre mula parda á que se lle van os ollos cara ó cabalo do meu inimigo. Cansos de esperar por Morricone, achegámonos con parsimonia e Clint deume un cigarro e eu ofrecinlle lume. O sol xa acochara polo outeiro de Brandín. Ó rematar de fumar collemos das rendas os animais e volvemos, xuntos, para o mazadoiro da burga. Aquí paz e despois gloria, dixemos os dous.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES