Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sobre mortos, vivos e conxelados

lunes, 04 de febrero de 2019
Oín a noticia da estafa dos ataúdes pola radio. Lin a noticia nos xornais. E coincidiu Sobre mortos, vivos e conxeladosque, polos telexornais, vin imaxes desa noticia que se deu en Valladolid. Estaba a miña muller comigo, e saíume da alma: “a min particularmente non me importa; por min como se me botades no medio de Sudalomba, alá no Medo, para proveito dos lobos; pero iso das estafas está mal, moi mal”. Eu, ó morrer, dáme exactamente igual o que fagan comigo, como non vou sentir nada... Pero, polo demais, e á parte de que cada un escolle o ataúde como lle pete e segundo as circunstancias, o dono da funeraria ou os tíos que participaron no fraude xogaron cos sentimentos que se producen neses instantes. E eses sentimentos todos sabemos que son moi fortes. Iso é ser peor que voitres. Espero, confío e desexo que o castigo sexa exemplar. Porque... uff, agora vendo isto, sabendo isto, empeza un a preguntarse se iso non o farán máis funerarias. Espero, confío e desexo que tan só o fixesen eses malnacidos, eses infames.

Paso dos mortos ós vivos. Aínda que no caso de Nicolás Maduro, non sei, non sei. Meteuse Donald Trumpo polo medio... A verdade é que penso que Maduro desta vez si Sobre mortos, vivos e conxeladoscae. O peor pode ser o prezo que haberá que pagar para que caia. O prezo en vítimas, se entende. Porque todos os ditadores foron, son e serán duros de roer. E se a xente caía xa mandando eles, cando se ven perdidos intentan levar a moitos por diante. Confío un chisco en que, agora si, agora caia, porque xa practicamente o mundo mundial está na súa contra. Aínda que, ante esta situación, é cando con máis saña pelexa, máis se encirra na súa ideoloxía, no seu mandato, na súa ditadura.

Paso dos vivos ós conxelados. Queixabámonos hai uns días dos -10 graos que había por Xinzo de Limia ou Calvos de Randín, e vai Chicago e di que para frío o deles; algo así como -40 graos e con sensación térmica de -45. Iso é frío! Iso, polo que contaban, é practicamente pura conxelación. É dicir, que había que ter valor, moito valor para botar os fociños de paseo. A maioría non os botaba, claro. E con razón. Así é que pódese dicir moi perfectamente que, a Lagoa de Antela con respecto a Chicago... o deserto do Sáhara ou a liña ecuatorial!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES