Alfonso: buscando unha verba
Santalla, Iago - miércoles, 06 de febrero de 2019
Busco unha verba que mova conciencias, que rache medos, que constrúa soños, que forxe fraternidade.
Preciso unha verba que me rete e me aloumiñe, que me sane e me obrigue a loitar de novo.
Necesito unha verba que se faga carne e me impulse ao amor invencible da fraternidade.
Onde estará esta verba?
Teño libros e non a leo. Paseo pola rúa e non me cruzo coa súa mirada. Falo e comparto cafés de soños pero nada hai entre escumas efémeras.
Vou camiño da Cha (quizais no San Alberte...) e atopo folgos telúricos en Penas de Rodas, versos fronte a casa de Hortas, soños ceibes en Vilalba e unha foliada en Pardiñas. Atopo, tamén, unha man aberta, perennemente aberta que se dá en emoción. É Alfonso e é Alfonso a verba total que buscaba:
Alfonso
Colo de soños.
Man de esperanzas.
Xestor de porvir.
Poeta de utopías.
Lume de fraternidade.
"Semente de vencer"
Verba espreguizada
Amor.
Solidaridade.
Galiza.
Cha.
Ser.
Vivir.
Loitar.
Convivir.
Todo é Alfonso e é Alfonso a verba total! Porque en Alfonso todo foi posible, todo é posible e nada será imposible.
Alfonso, verba total que nos impulsa a vida...

Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora