Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lugo Mapcesible

viernes, 04 de enero de 2019
A cidade de Lugo acaba de recibir outra distinción Esta vez da man da Fundación Telefónica que a recoñece polo compromiso para acadar unha cidade accesible. Baixo o lema “haz visible lo accesible” trata de concienciar aos cidadáns para que se unan á causa da accesibilidade.
Lugo Mapcesible
Alguén dixo: “Cidade mapcesible, como mola!! Pero, que significa?” Ante a dúbida é oportuno retomar o tema para que non se quede en algo simbólico. Eu diría que é unha distinción en marcha, que necesita máis difusión ou mellor unha difusión continuada. Non é para colocar nunha vitrina, hai que levala á práctica. Hai que mapear e mapear é un verbo pouco coñecido. Nun dicionario de español significa “trasladar a un mapa sistemas ou estruturas conceptuais”.

Mapcesible é unha aplicación que permite avaliar a accesibilidade dos lugares que visitamos, consultar as valoracións á hora de planificar saídas ou coñecer recursos dispoñibles como prazas de aparcadoiro, baños, etc. Calquera persoa, teña mobilidade reducida ou non, pode converterse en voluntario dixital mapeando novos lugares e sensibilizando que a accesibilidade é cousa de todos. Poden converterse así en “accesibilistas”. Unha vez descargada a aplicación só hai que rexistrarse cun email e responder a unhas sinxelas preguntas.

A accesibilidade é moito máis que ramplas na beirarrúa. A súa falta é reflexo de que non se pensa nunha sociedade diversa. Unha simple visita case leva consigo facer unha tese antes e analizar se o portal é accesible, se o ascensor ten cabida para unha cadeira de rodas, se podo acceder aos botóns, se podo abrir a porta… Para saír a tomar algo empeza o proceso de atopar algún local accesible, se un se pode sentar á mesa ou ten que quedarse de lado, se pode entrar no baño, se pode accionar as billas… Ir de compras implica sortear os comercios nos que se pode entrar e xa non falemos de facer unha viaxe. Nin se imaxinan a cantidade de despropósitos que se poden atopar.

As distincións están ben, pero tamén poden servir para que os gobernantes se relaxen. Oxalá se poñan as pilas para afrontar novos retos. Ante tantas carencias ou cousas mal feitas, de seguro que por falta dun control de seguimento ou dun réxime sancionador, é para pensar que os premios son “inmerecidos”. Somos a segunda cidade mapcesible, xunto a Valencia. Aproveitemos a tecnoloxía para facilitar o día a día das persoas que viven superando atrancos. Cambiemos o “apatrullando la ciudad”, como dicía unha famosa canción, por “mapeando la accesibilidad”.
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES