Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿É a vida un xogo?

lunes, 04 de febrero de 2019
A min paréceme que nada máis lonxe da realidade.
Para o meu humilde parecer, coa vida non se xoga.
A VIDA É SAGRADA.

Pero…
¿Por qué me fago esta pregunta no título?
Porque MOITAS VECES, DÁ A IMPRESIÓN DE QUE ESTAMOS XOGANDO COA VIDA.
MOITAS VECES ACTUAMOS COAS PERSOAS IGUAL QUE ACTUAMOS CUNHA PEZA DO XADREZ OU CUNHA CARTA DA BARALLA.
-HAI OCASIÓNS NAS QUE OS MÁIS “FORTES” PISAMOS ÓS MÁIS “FEBLES”.
Cando o que se precisa non é prepotencia nin fanfarronería.
O que precisamos é cariño e comprensión.
Non está escrito en ningún sitio que se poida abusar dos máis febles. Todo o contrario.
Tampoco está escrito que neso consista a felicidade.
Cada persoa é feliz con logros que ela pode conseguir cos seus propios medios.

-NOUTRAS OCASIÓNS, OS QUE TEÑEN MÁIS FORZA FÍSICA, EMPRÉGANA PARA VINGARSE OU INCLUSO PARA MATAR.
Aí están tantos e tantos casos de violacións a mulleres e en certos casos incluso chegan a matalas.
Tamén hai algunha muller que mata.
¡Cantas criaturas se quedan orfas e marcadas de por vida, por este motivo!
¿E QUE DICIR DAS GUERRAS QUE MATAN SERES HUMANOS POR UN BOCADO DE TERRA, POR UNHA IDEOLOXÍA OU POR UNHA CRENZA?
¡Cantos cartos se poderían aforrar se cada un se conformara coa parcela que lle corresponde administrar!
E nesto tomamos parte cando traballamos en empresas dedicadas á construcción de armas ou de barcos de guerra, abundantes na nosa zona.
¡Cantas persoas xoves, principalmente homes, non terían que xogarse a vida nun campo de batalla!
Deberíamos pensar que:
-A TERRA é patrimonio de todos e non é máis feliz quen máis ten.
-AS IDEAS, cadaquén ten as súas e non temos ningún dereito a que as outras persoas pensen coma nós.
E coas CRENZAS, pasa outro tanto.
O único que se lle pode pedir a unha persoa é:
¡QUE SEXA BOA PERSOA!
Ser boa persoa está ó alcance de todos, TODOS NÓS INCLUÍDOS.

-OUTRAS PERSOAS, AS QUE TEÑEN MÁIS PODER E LIBERDADE DE MOVEMENTOS, ATROPELAN OS DEREITOS DAS PERSOAS MÁIS DESFAVORECIDAS.
Á vista están as consecuencias dalgúns gobernantes que obrigan ós seus súbditos a vivir en precario ou a buscarse a vida noutros países, pasando mil calmidades.
E tamén algúns empresarios e outros profesionais abusan dos seus empregados…

-OUTRAS PERSOAS, INTENTAN CONVENCERNOS, A BASE DE MENTIRAS.
Aínda que pareza mentira, hai persoas empeñadas en acabar con valores que costou moitísimo tempo conseguir:
A lealdade, a fidelidade, a honradez, o esforzo, o sacrificio, a adnegación, o don da gratuidade, o respecto á autoridade e ás persoas superiores, a convivencia na familia, a relixiosidade…
Deste xeito en lugar de construír paz e benestar para todos; o que facemos é complicarnos a vida cada día máis.
PARA QUE A VIDA SEXA GOZOSA E LEVADEIRA PRECISAMOS:
-PERSOAS LEAIS que cumpran os tratos: amigos leais, traballadores leais...
-PERSOAS FIEIS á súa misión, empezando pola fidelidade conxugal para que a familia se manteña firme.
-PERSOAS HONRADAS que se sintan felices cos seus logros, sen envexas nin odios.
-PERSOAS QUE NON REGATEEN ESFORZOS á hora de cumprir co seu deber.
-PERSOAS QUE NON TEÑAN MEDO á hora de sacrificarse POR APRENDER A SER MELLORES PERSOAS.
-PERSOAS ABNEGADAS, porque a abnegación produce moita satisfación.
-PERSOAS QUE SAIBAN ACATAR AS NORMAS E AS LEIS que rixen os destinos dun país para que este poida sosterse e ser un referente tanto a nivel interno como a nivel internacional.
-PERSOAS QUE SAIBAN CONVIVIR EN FAMILIA, aportando o mellor que cada unha poida ofrecer á comunidade familiar.
NA VIDA DE FAMILIA, É ONDE MÁIS IMPRUDENCIAS COMETEMOS.
Así nos vai.
Nestes e noutros capítulos, todos temos moito que aportar porque a nosa aportación é imprescindible.

Tan importante é que:
SEN CADA UN DE NÓS O MUNDO NON SERÍA – para ben ou para mal- O QUE É.
De todo canto de bo e de malo sucede no mundo, nós temos parte.
Non vale con bota-la culpa ós outros.
Todos somos culpables porque todos temos responsabilidades que podemos e debemos mellorar.

Hoxe, día 30 de xaneiro, deberíamos estar celebrando o “DÍA DA PAZ”; pero a este paso; a paz aínda nos queda un pouco lonxe.
Pero… Dentro das nosas limitacións e imprudencias, vivimos coa esperanza de conseguila, porque:
¡A paz é posible!
¡Coa vida non se xoga!

Paderne, 30 de xaneiro de 2019

Mercedes Cachaza Platas é alumna da UNED Sénior.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES