Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Orozco: A difícil singladura

miércoles, 05 de diciembre de 2007
Psoe e Bng pactan en Santiago a gobernación de Galicia, pacto extensivo a outras institucións provinciais e locais. E o pacto parece que funciona, xa que a gobernabilidade de Galicia está garantida con dous anos funcionando case á perfección.

Mesmo a incursión do Bng en Madrid, aportando votacións esenciais para o Psoe na conservación da estabilidade do goberno do Estado, é un mal menor que reforza ós nacionalistas en Galicia pero non quebra o impulso socialista do goberno de progreso por tratarse dun valor entendido que hai que comprender na súa total profundidade.

Só hai unha excepción, como a aldea gala das historias de Asterix, que resiste ó invasor pretendendo gobernar en solitario o que se manifesta ingobernable, ese Concello de Lugo que despois de pasar por unha dupla gobernante Psoe-Bng, na que o Psoe se aproveitou de todo o traballo nacionalista, pasouse a un tempo de maioría absoluta dos socialistas de Orozco, para –na declinación ou ocaso do poder persoal- obter unha minoría relativa que precisa de achegas alleas para pervivir.

E pode resultar que o Psoe pacte co PP para conseguir aprobar o presuposto municipal, provocando un día de gloria, e ó día seguinte o PP pacte co Bng para quebrar un dos proxectos socialistas mais preciados pola pura forza numerica dos votos non comprometidos.

O dos pactos é un xogo complicado, no que hai dependencia mutua e precisión de consensos continuos. O de gobernar en minoría é un sinvivir, que pode –como as noites de ronda da canción- facer dano, dar pena, e acábase por chorar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES