A ditadura da normalidade
Santalla, Iago - miércoles, 30 de enero de 2019
Vendo un vídeo promotor da película Campeones que está colleitando un merecido éxito, sendo a todas luces recomendable, ocórreseme facer unha reflexión sobre o concepto de normalidade e a súa habilidade para castrar o ser libre que nace implícito na natureza humana.
Toda sociedade artéllase en torno a uns valores colectivamente asumidos que son necesarios para unha convivencia e un desenvolvemento; pero, temos que saber que a norma non é universal senón que forma parte dun contrato social que nos define culturalmente.
Partindo da necesidade de normativizar, é dicir, de asumir uns parámetros de comportamento social, estes poden flexibilizarse a través da comprensión da diferencia. Trátase de socializar asumindo as características persoais e valorando o que cada un de nós pode dar á sociedade. Se asumimos que non é normal estamos rexeitando a capacidade de crear a través dos ilímites; polo tanto, perdemos potencial humano. Neste sentido os cánones negan a diversidade e, polo tanto, son unha amenaza para a creatividade humana xa que tenden a homoxeneizar negando o ser creador.
A diversidade nunca será normal polo feito de que nela vai implícita a liberdade e, a liberdade non pode aceptar o cánon da norma. Temos que normalizar menos e aceptar máis porque non existe diversidade sen liberdade para que unha persoa sexa ela mesma.

Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora