Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Taxistas en guerra

lunes, 28 de enero de 2019
Madrid e Barcelona vense sacudidas por un gravísimo conflicto entre taxistas e empresas de VTC, que colapsa as dúas cidades, arrebata nos medios de comunicación de ámbito nacional e nestas lonxanías xeográficas e urbanas nos deixa fríos.

Porque mentras Madrid e Barcelona non se entenden sen taxis, cidades coma Lugo, como outras cidades galegas, un conflicto deste tipo non sería posible; e se o fose non alteraría prácticamente a vida diaria. Porque de Lugo sempre se di que é unha cidade feita á medida do ser humano, e un pode vivir no alto de Garabolos e ir traballar Fingoi, e facelo a pé; ou traballar no Hula, xa a unha distancia considerable e vivindo no centro de Lugo acudir a pé ao traballo. Pero esto case sólo pasa en Lugo.

Teño amigos en Madrid que se consideran afortunados porque da casa ao traballo só invirten corenta e cinco minutos en ir e outros tantos en volver, utilizando un par de medios, metro e bus. Porque, claro está, para un traballador utilizar o taxi a diario para acudir ao posto de traballo é prohibitivo.

Aquí non hai problema entre o taxi e Vtc, pero tampoco hai comparación entre o que se ten pagado por unha plaza de taxi co que costa nunha grande cidade. E despois dese forte investimento, chegan os vehículos de transporte con conductor e provocan unha competencia que os taxistas consideran inxusta, os outros consideran natural, en controversia na que o público non entra porque o que o cliente quere é un bo servizo, boa atención e prezo asequible, sen entrar noutras consideracións que para iso están as autoridades reguladoras dun mercado en permanente cambio ao que todos teñen que axustarse porque tamén aquí é verdade o aforismo de “ou renovarse ou morrer”.

Calquera tema se desmadra cando se pasa das palabras aos feitos, e as televisión téñennos ofrecido imaxes arrepiantes onde non hai mortos de milagro, que radicalizan un conflicto económico onde a única solución é unha negociación na que non haxa nin vencedores nin vencidos, porque nestas batallas poden producirse feridas imposibles de curar. Madrid e Barcelona, estes días, son un caos.

Aínda teremos que congratularnos de vivir nunha cidade pequena, e de quedarlles tan lonxe.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES