Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Circo sobre as desgrazas alleas

lunes, 28 de enero de 2019
Vivimos nun país no que rexoubamos coas desgrazas alleas. E damos o espectáculo aínda que sexa á conta dun neno, dun pobre cativo que tivo a mala sorte de caber por onde non colle un mosquito. Ás veces a vida dá paus con varas de goma. E coincidencias da vida; o sábado vin un cacho deses famosos documentais da segunda canle televisiva no que un guepardo estivo á espera da súa ocasión, do seu momento: aquel no que unha cría de impala se despistaba, se distanciaba da súa manada. Ata aquí podo facer o símil do propio accidente de Julen (un cativo que se despista dos pais, ou quizais mellor viceversa, e cae nas gadoupas dun buraco).

Non obstante, despois chegou a realidade, tanto na sabana como en Totalán. Na sabana asomaron axiña os voitres, e de tal maneira que nin o guepardo nin os seus cachorros foron quen de afastar a eses preeiros, a eses larpeiros. En Totalán, tan axiña como rematou o impacto ou a conmoción da calamidade, do accidente apareceron prestos, lixeiros, veloces os voitres de certos medios de comunicación. Case se pode dicir de todos os medios de comunicación, pois o que estea libre de pecado, que tire a primeira pedra. E a partir de aí empezou o circo, a feira.

O día 27 de outubro falaba aqui sobre a marabilla deses autores que cun simple debuxo ou unha simple frase nunha viñeta dos periódicos dicían máis que un periodista nun extenso artigo ou crónica. Pois ben, hai unha viñeta na que asoman tres voitres representando a La Sexta, Antena 3 e Telecinco, e ollando para un pozo. Nada máis. Pero suficiente para sinalar, para dar a entender todo o que eu escribín no anterior parágrafo.

Líbreme Deus de ir en contra da liberdade de expresión! Eu, que sempre defendín e defenderei con unllas e dentes ós periodistas, ós xornais, ás televisións (perdón, hai algunhas ás que lles desexo a quebra absoluta e total) e incluso ás redes sociais. Pero hai situacións nas que o propio Goberno tería que botar man. Se moitos de nós que somos “pouquiña cousa” distinguimos unha noticia dunha feira, o Goberno, que son os máis listos do barrio, deberían parar toda a mofa, todo o circo que moitas veces arrodea unha catástrofe, un revés, unha desfeita.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania